Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

Urbanismo

Iago Lestegás participa nun taller na Escola de Arquitectura de Reus

O edil estivo co alumnado de cuarto que realiza traballos sobre diversos ámbitos de Santiago

O concelleiro de Urbanismo, Iago Lestegás, co alumnado de Arquitectura en Reus.

O concelleiro de Urbanismo, Iago Lestegás, co alumnado de Arquitectura en Reus. / C.S.

¿Ya nos sigues?Márcanos como medio preferente
Añádenos en Google

Redacción

Santiago

O concelleiro de Urbanismo e Vivenda, Iago Lestegás, participou esta semana en Reus nun taller co alumnado da materia de Proxectos e Urbanismo de cuarto curso que desenvolve os seus traballos sobre varios ámbitos de Santiago.

Convidado pola Escola de Arquitectura da Universidade Rovira i Virgili de Reus, coñeceu de primeira man o traballo sobre a zona da explanada de Salgueiriños, a canle do rego do Corgo, a avenida do Restollal, os núcleos do Combarro e Angrois, e o borde occidental da avenida de Romero Donallo, que están levando a cabo nove grupos de estudantes.

Propostas para a reflexión

Para o edil compostelán, «foi unha sesión mo interesante en que os nove equipos de estudantes presentaron candanseus proxectos sobre diferentes ámbitos da cidade que deben ser obxecto de reflexión arquitectónica e urbanística». Unha sesión que se prolongou durante cinco horas e na que houbo catro profesores da escola.

Os traballos presentados tiñan como denominador común a redución do espazo dedicado exclusivamente ao automóvil en vías sobredimensionadas como as avenidas de Romero Donallo, Cruceiro da Coruña e Restollal.

Diferentes proxectos compartían ademais enfoques dirixidos á renaturalización de espazos fluviais, ao coidado do comercio de proximidade e á creación de espazos públicos e equipamentos de calidade.

Interese no urbanismo compostelán

A de esta semana é a terceira visita que realiza o concelleiro Iago Lestegás convidado por unha escola de arquitectura que amosa o seu interés no urbanismo da capital galega.

En outubro de 2024 presentoulle ao alumnado de quinto curso de Urbanismo da Escola de Arquitectura da Universidade de Florencia o modelo de cidade compacta, verde e equitativa que impulsa o Concello de Santiago, e o pasado 22 de abril participou na materia Actuacións Urbanísticas Contemporáneas da Escola de Arquitectura da Coruña, onde o edil compartiu co alumnado a estratexia municipal para mitigar, a través de diferentes ferramentas urbanísticas, os impactos do turismo na vivenda e no comercio.

Tracking Pixel Contents