Axenda cultural: Que facer hoxe, 11 de maio, en Santiago?

Chema Madoz. A natureza das cousas. Exposición fotográfica en Santiago / Jesús Prieto
‘Chema Madoz: A natureza das cousas’ (entrada libre)
A sede de Afundación na Rúa do Vilar, 19, acolle en Santiago unha mostra con entrada libre titulada ChemaMadoz: A natureza das cousas, e haberá visitas guiadas os días 21 de maio, 4 e 18 de xuño. O protagonista é un fotógrafo que ten moitos premios e eco internacional.

María Xesús Nogueira / Cedida
Conferencia de María Xesús Nogueira sobre Begoña Caamaño
LETRAS. Hoxe, ás 19:30h o Ateneo de Santiago, coa colaboración do Instituto da Lingua Galega, ten programada na sede de Afundación na Rúa do Vilar, 19 unha conferencia para conmemorar o Día das Letras Galegas. Trátase dunha conversa titulada As mil vidas vividas de Begoña Caamaño, que estará impartida por María Xesús Nogueira, profesora de Literatura Galega da Universidade de Santiago. Dende hai tres décadas, a ponente vén exercendo a crítica literaria en diferentes medios e como estudosa de Begoña Caamaño asinou recentemente, xunto con Ana Romaní, Volveredes brindar por min. Unha biografía de Begoña Caamaño e coordinou o libro Begoña Caamaño: mudar o mundo, publicado pola institución universitaria compostelá. E o martes, ás 19:00h o Ateneo ten programada no Salón de Actos Isaac Díaz Pardo da súa sede (Pr. Salvador Parga, 4-2º) a proxección da película Sombras no paraíso, de Aki Kaurismäki.

Ángel Santos en Santiago / Antonio Hernández
Ángel Santos falará de ‘Así chegou a noite’ e do cineasta John Ford
COLOQUIO. Así chegou a noite chega ás 18:30 horas ata o Numax, coa presentación e coloquio protagonizado polo seu director, Ángel Santos. O elenco conta con Denis Gómez, Violeta Gil e Miquel Insúa. A trama fala dun escultor que establece o seu taller nunha afastada zona rural da costa galega e, pouco a pouco, irá illándose da súa contorna, cortando todo contacto con amizades e familiares, e cando un antigo amor acode ao seu encontro provocará a reflexión do escultor sobre o seu desexo de illamento e a necesidade dunha nova fuxida. E xa ás 21:20 h., o mesmo Santos presenta alí Paixón dos fortes, de John Ford, con Henry Fonda, Linda Darnell, Victor Mature, Walter Brennan, Tim Holt e Ward Bond.
‘Odiseicas: as que tecen a historia’
NARRACIÓN. Un espectáculo chamado Odiseicas: as que tecen a historia chega hoxe ata o salón de actos da Biblioteca Pública Ánxel Casal, ás 19:00 horas, cunha narración oral escénica da man de Soledad Felloza, inspirada na obra e o pensamento de Begoña Caamaño, protagonista o vindeiro domingo 17 de maio da nova edición do Día das Letras Galegas pola súa traxectria no eido do xornalismo e na escena literaria. É unha proposta con entrada libre.
- Reabre en Santiago una de las cafeterías más queridas del casco histórico: 'Volvemos con la misma ilusión y ganas
- El bar de Santiago premiado como uno de los mejores de España: 'Cuando lo montamos nos decían que era una locura
- La panadería de Santiago que triunfa con su café con flores: 'Estamos vendiendo más flores que pan
- Vuelve la fiesta que hace viajar a Santiago 50 años atrás: verbena, juegos tradicionales, música y magia
- Santiago estrena una nueva conexión con Andalucía con el primer vuelo directo a Jerez de la Frontera
- Buscan figurantes en Santiago para la nueva película de Vaca Films: estos son los requisitos
- Atropello en Rosalía de Castro: dos peregrinas heridas tras perder el control del vehículo un conductor octogenario
- El restaurante más antiguo de Galicia lleva casi dos siglos abierto en Santiago: 'Fuimos ultramarinos, aserradero e incluso hicimos ataúdes