Encontro de investigadores e empresas na USC: así melloran as matemáticas os fornos da única produtora de silicio de España
A planta de Ferroglobe en Sabón colabora coas universidades galegas a través do CITMAga para obter produtos de alta calidade para a industria
A Facultade de Matemáticas acollerá o 22 de maio o XV Foro de Interacción Matemática Industria

A planta galega de Ferrogloble, única produtora de silicio en España, está situada en Sabón (Arteixo). / Ferroglobe
L.R.
A planta galega de Ferrogloble, única produtora de silicio en España desde a súa fábrica de Sabón (Arteixo), será unha das empresas participantes no XV Foro de Interacción Matemática Industria (Industry Day), que terá lugar o vindeiro 22 de maio na facultade de Matemáticas da USC. A xornada realizarase en colaboración coa Red Española Matemática-Industria (math-in) e co apoio da Agencia Estatal de Investigación do Ministerio de Ciencia, Innovación y Universidades.
Mellora de procesos a través das matemáticas
Desde os seus inicios, a planta galega de Ferroglobe realiza proxectos en colaboración cos departamentos de Matemáticas das tres universidades galegas e, en particular, cos investigadores do CITMAga (Centro de Investigación e Tecnoloxía Matemática de Galicia).
Estes investigadores desenvolven modelos matemáticos que representan o comportamento electromagnético, termodinámico, hidrodinámico e estrutural dos fornos; o que lle permite á empresa simular e analizar o comportamento dos seus fornos en diferentes situacións. Estes modelos fan posible que a compañía poida levar a cabo melloras que incrementen a eficacia e a produtividade dos seus fornos.
“As matemáticas son fundamentais para mellorar os nosos procesos”, salienta Ramón Ordás, director global de financiamento público de Ferroglobe. Explica que contribúen a resolver problemas tanto nos seus fornos como no resto das súas instalacións, ao tempo que lles permiten desenvolver diferentes tipos de melloras na súa actividade.
Entre os proxectos realizados en colaboración co CITMAga, Ordás destaca o desenvolvemento de modelos matemáticos para un forno industrial de purificación de silicio, que evitou ter que levar a cabo probas custosas e que requiren moito tempo. Coa ferramenta desenvolta polos expertos do CITMAga, Ferroglobe puido facer unha estimación moito máis fiable dos custos que supón construír e operar con fornos máis grandes. "Os matemáticos axudáronnos a establecer temperaturas, consumos de enerxía e materiais que debemos empregar para conseguir fornos de maior tamaño e eficiencia" -sinala-.
Unha compañía con presencia en Europa, América, África e Asia
Ferrogloble, ademais de sicilio, tamén fabrica outros produtos como ferromanganeso, ferrosilicio ou silicomanganeso, que axudan á industria a conseguir aceiros con propiedades especiais.
A compañía, con máis de 3.500 empregados en todo o mundo, está presente en de Europa, América, África e Asia, con máis de 50 fornos de produción en 26 emprazamentos diferentes, entre plantas de produción e minas propias. En Galicia conta cunha fábrica de silicio en Sabón -Arteixo-, onde se sitúa tamén o seu Centro de Innovación para todo o mundo, ademais de varias minas de cuarzo en diferentes puntos da nosa comunidade.
- Reabre en Santiago una de las cafeterías más queridas del casco histórico: 'Volvemos con la misma ilusión y ganas
- El bar de Santiago premiado como uno de los mejores de España: 'Cuando lo montamos nos decían que era una locura
- La panadería de Santiago que triunfa con su café con flores: 'Estamos vendiendo más flores que pan
- Vuelve la fiesta que hace viajar a Santiago 50 años atrás: verbena, juegos tradicionales, música y magia
- Santiago estrena una nueva conexión con Andalucía con el primer vuelo directo a Jerez de la Frontera
- Buscan figurantes en Santiago para la nueva película de Vaca Films: estos son los requisitos
- Atropello en Rosalía de Castro: dos peregrinas heridas tras perder el control del vehículo un conductor octogenario
- El restaurante más antiguo de Galicia lleva casi dos siglos abierto en Santiago: 'Fuimos ultramarinos, aserradero e incluso hicimos ataúdes