Rede de CSC de Compostela
O PSdeG de Santiago esixe pagar as nóminas aínda pendentes nos centros socioculturais
Abal advirte de que medio cento de traballadores seguen sen cobrar salarios de 2025 e 2026 e acusa a Raxoi de «normalizar a precariedade»

Usuarios de los centros socioculturales durante una protesta por en el de Conxo. / Antonio Hernández
Redacción
O persoal da rede de centros socioculturais de Santiago segue nunha «situación absolutamente inaceptable», segundo denunciou a concelleira socialista Marta Abal, xa que asegura que continúan con salarios pendentes de cobro dos anos 2025 e 2026, e advertiu de que o seu grupo «non vai permitir que esta situación quede no esquecemento nin se normalice».
Lembrou que o seu partido xa denunciara esta problemática antes e dixo que «imos seguir facéndoo todas as veces que sexa necesario porque estamos falando de máis de 50 traballadoras e traballadores afectados por unha situación intolerable nun servizo esencial para Compostela».
Para a edil socialista, «evidencia a mala xestión que o Goberno municipal está a facer da rede de centros socioculturais», e solicitou medidas inmediatas para resolver os atrasos salariais. «Os salarios deben aboarse de maneira inmediata e o Goberno municipal ten a obriga de aclararlle ás traballadoras e traballadores cando van cobrar as cantidades que se lles adebedan», apuntou.
Deterioro progresivo
Tras criticar que o persoal «non pode seguir soportando esta situación de incerteza permanente», puxo o foco no deterioro progresivo da propia rede de centros socioculturais e reclamou recuperar o papel que historicamente desempeñaron estes espazos. Incidiu en que sempre foron «auténticos vertebradores territoriais e sociais de Santiago, especialmente nos barrios e no rural».
Marta Abal destacou que estes centros «son espazos fundamentais de convivencia, participación, cultura e cohesión social», polo que advertiu de que o seu debilitamento «ten consecuencias directas sobre a vida comunitaria de Compostela».
Sinalou que o seu grupo municipal esixe ao goberno bipartito «responsabilidades, solucións inmediatas e unha aposta clara por reforzar a rede de centros socioculturais», garantindo tanto os dereitos laborais do persoal como a continuidade e calidade dun servizo que consideran clave para a capital galega.
«Compostela merece uns centros socioculturais fortes, activos e ben xestionados, e un Goberno municipal que estea á altura da importancia destes espazos para a veciñanza», concluíu.
- Reabre en Santiago una de las cafeterías más queridas del casco histórico: 'Volvemos con la misma ilusión y ganas
- La propuesta que vuelve a poner en el foco la visita del Papa a Santiago: León XIV deja en el aire su presencia en 2027
- El outlet Área Central de Santiago alarga este viernes su hora de cierre para convertirse en una 'Jungla' con descuentos del 50%
- La panadería de Santiago que triunfa con su café con flores: 'Estamos vendiendo más flores que pan
- Raxoi paraliza una obra ilegal frente al parque de Bonaval: 'Habéis roto un trozo de historia
- Buscan figurantes en Santiago para la nueva película de Vaca Films: estos son los requisitos
- De las aulas de Santiago a la graduación en Michigan: la historia de éxito de Carlota Garabato en Estados Unidos
- La expropiación de terrenos para construir 3.609 viviendas en el Ensanche Norte de Santiago llegará a un máximo de 12 euros el metro cuadrado