Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

Festa da Ascensión

Santiago, convidado VIP no 'Cuarto' das Tanxugueiras

Arranca a semana grande de Compostela e non o pode facer de mellor maneira, cunha escampadiña que permitiu que o Obradoiro acollese o espectáculo performático do trío de pandeireteiras. Unha ‘listening party’ para coñecer o seu novo traballo en primicia e celebrar a súa década no escenario

¿Ya nos sigues?Márcanos como medio preferente
Añádenos en Google
Ana Triñáns

Ana Triñáns

Santiago

Tanxugueiras cautivan un rico universo musical de todas as cores que ve nelas as esencias da nosa cultura ancestral. Este martes estano a demostrar unha vez máis dende a Praza do Obradoiro, meta dos camiños europeos que se percorrían na procura dun vínculo transcendente máis alá das fronteiras do tempo, un concepto metafísico que este trío de voces galego fusiona coa potencia acústica dos seus cantos cheos de matices.

Santiago entra no 'cuarto' de Tanxugueiras

Santiago entra no 'cuarto' de Tanxugueiras / Cristina Padín

Pero non foi isto o que aconteceu no arranque das Festas da Ascensión, foi unha performance nun cuarto, 'O Cuarto', que dá nome ao seu novo disco e que se está a escoitar en comunidade, antes de saír nas redes. A música non chegou até pasadas as 21.00 horas ante o despiste do público xeral: "A que hora tocan?"; "Pero non era ás oito?"... Ou entre os menos enterados un: "Acaba de pasar unha Tanxugueira?". Pero pasaban tres que estiveron hora e cuarto en silencio, xogando cartas, tendendo sabas... facendo labores de mulleres e compartindo a vida, nun cuarto.

Santiago, convidado VIP no 'Cuarto' das Tanxugueiras

Trece Amarillo

O silencio rompeuno AdeLina, armouse unha foliada na Praza do Obradoiro coas pandeireteiras, e as Tanxugueiras foron unhas espectadoras máis. Ata que por fin se levantaron os tules que velaban o escenario e a escoita colectiva do seu novo proxecto comezou. Nunha cita na que non só Compostela tivo o privilexio de ser a primeira en escoitar O Cuarto antes ca ninguén, tamén de acompañar as Tanxugueiras soplando as velas dos seus dez anos enriba dos escenarios.

Tanxugueiras regaláronlle ao público compostelán e dos arredores unha escoita «colectiva» e exclusiva do seu cuarto disco, O Cuarto, pouco antes da súa publicación en redes. «Non é un concerto», aclaraba nas redes sociais Aida Tarrío... O que viviu o público que se achegou este martes á Praza do Obradoiro foi outra cousa.

A confluencia innovadora da música tradicional con ritmos non tradicionais, na que non están soas, e que naceu entre Ribeira (Antía Tarrío) e Teo (Olalia e Sabela Maneiro) achegoulle ao público compostelán e aos festeiros da Ascensión unha cata do seu O Cuarto, o que segue a Tanxugueiras, Contrapunto e Diluvio (que afortunadamente non visitou Compostela este martes á tardiña, pese a ameazar con facelo e deixarnos sen gozar das ‘Tanxu’ e do seu último traballo nas festas máis importantes da cidade dos picheleiros).

Pandeiretas, danza contemporánea e danza tradicional, música, expectación e entusiasmo entre o público. O show musical comezou cunha conta atrás, e o Obradoiro estalou coa música das Tanxugueiras, a nosa música, e a chuvia respectou o arranque das Festas de Compostela. E veremos que pasa o xoves, se chove ou non chove na Ascensión, aínda que os picheleiros, e os galegos, non lle teñan medo á chuvia.

Tracking Pixel Contents