Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

Axenda cultural: Que facer hoxe, 13 de maio, en Santiago?

Tony Aguilar, presentador de Santiago 40 Pop, durante as pasadas Festas da Ascensión

Tony Aguilar, presentador de Santiago 40 Pop, durante as pasadas Festas da Ascensión / Antonio Hernández

¿Ya nos sigues?Márcanos como medio preferente
Añádenos en Google
Santiago

‘Espiñas Rosas’, Santiago 40 Pop, Marcos Coll e Orquestra América de Vigo

ASCENSIÓN. No marco das Festas da Ascensión, o Teatro Principal acolle hoxe a obra ‘Espiñas Rosas’ de ARTías Teatro ás 20 h. Na praza da Quintana dará comezo ás 21 h o Santiago 40 Pop. Xa ás 22 h na Alameda actuará a Orquestra América de Vigo. O día grande da Ascensión, o xoves 14, comeza como é tradicional con alboradas e continuará cun concerto da Banda Municipal ás 12 h na praza da Quintana. Os cabezudos animarán a xornada a partir das 12.30 h e quen o prefira poderá ver a tradicional feira cabalar no recinto feiral de Amio. Xa pola tarde será o tempo do completo programa de Folk na rúa e da representación de ‘Esencia’, con Juan Echanove e Joaquín Climent ás 20.30 h no Teatro Principal. O venres 15 chega outro clásico, o Composfest, ás 20.30 h na Quintana. Tamén actuará a Orquestra La Oca na Alameda. O programa do día complétase co XLIX Torneo da Chave, tamén na Alameda, e actuacións de corais en distintas localizacións durante toda a tarde.

Marcos Coll, músico de Santiago

Marcos Coll, músico de Santiago / Cedida

Y más allá de las fiestas, en la sala Capitol, concierto del músico compostelano Marcos Coll con una actuación especial desde las 20:30 horas para celebrar su 50 cumpleaños y presentar su disco a medias con el guitarrista de Chicago Will Jacobs, "One More Time", es un show donde habrá además colaboraciones de Julián Hernández (vuelve a Santiago el líder de Siniestro Total), Pablo Pérez, Brian D. Sauls, Javi Vacas, Tonky de la Peña, Ramon Figueira Dieste, The Blues Moonshiners y Fran Reixa (en su rol de dj), cita ya con entradas a la venta.

Erea Castro Alfonso

Erea Castro Alfonso / Cedida

Erea Castro, na Real Sociedad Económica de Amigos del País

CONFERENCIA. Hoxe, ás 19,30h, na Real Sociedad Económica de Amigos del País de la Ciudad de Santiago (RSEAPS), Erea Castro Alfonso, conservadora numismática do Museo de Pontevedra, pronunciará a conferencia La conmemoración de la RSEAPS a través de la medallística en su colección. A charla está incluida na programación de 2026 do ciclo La RSEAPS y sus fondos artísticos, organizada pola Real Sociedad en colaboración co Grupo de Investigación IACOBUS, da Facultade de Xeografía e Historia da Universidade de Santiago de Compostela. A encargada de presentar a Castro Alfonso será Ana Pérez Varela, profesora titular doctora de Historia da Arte da USC e coordinadora este ano deste ciclo de conferencias.

Fotograma de 'O cuarto'

Fotograma de 'O cuarto' / Cedida

Proxección de ‘O cuarto’ no Cineclube de Compostela

O Cineclube de Compostela continúa hoxe a programación do seu 25 aniversario o cunha nova sesión especial, neste caso organizada arredor da proxección de O cuarto (The Room, Estados Unidos, 2003), o filme de Tommy Wiseau «célebre pola súa desastrosa mala calidade».

Música e poesía galega polo Día das Letras

EL CORTE INGLÉS. El Corte Inglés continúa a programación especial co gallo do Día das Letras Galegas, cunha proposta cultural que pon en valor a creación artística en lingua galega a través do diálogo entre literatura e música. Tras a primeira actividade dirixida ao público escolar, hoxe, ás 18.30 horas, terá lugar o segundo acto da programación, o concerto As miñas letras favoritas, na Libraría de El Corte Inglés de Santiago, a cargo do alumnado de PLAY – Escola de Música.

Tracking Pixel Contents