Foi director do Gabinete do antigo reitor Antonio López
Carlos Toural liderará a Facultade de Ciencias da Comunicación da USC
Aposta por adaptar a formación ao novo escenario dixital, modernizar os equipamentos e reforzar a conexión da facultade co sector profesional e coa sociedade

Carlos Toural, novo decano da Facultade de Ciencias da Comunicación da USC. / USC
L.R.
O profesor Carlos Toural Bran vén de ser elixido novo decano da Facultade de Ciencias da Comunicación da USC nunha xunta extraordinaria na que conseguiu o pleno dos 28 votos emitidos. Toural contará no seu equipo cos docentes da área de Xornalismo Ángel Vizoso García e Sara Pérez Seijo como vicedecanos, e con Roi Méndez Fernández, da área de Comunicación Audiovisual, como secretario.
Toural foi vicedecano da facultade durante seis anos en dúas etapas anteriores, e dende 2018 formou parte do equipo de goberno do antigo reitor Antonio López, primeiro como asesor e nos últimos seis anos como director do seu gabinete.
Persoas, oferta académica e empregabilidade, infraestruturas e equipamento e proxección institucional e social do centro son os catro eixos do programa de goberno do novo decano, que aposta “por unha candidatura de continuidade e renovación, que quere coidar a comunidade universitaria, mellorar a formación e reforzar a presenza pública da facultade”.
No plano interno, Toural pon no centro o benestar de PDI, PTXAS e estudantado, con propostas de acollida, acompañamento, mellora da comunicación, reforzo dos recursos humanos e protocolos máis claros ante conflitos. Tamén insiste en adaptar a oferta académica ao novo escenario da comunicación, “marcado pola dixitalización, a intelixencia artificial e a converxencia de medios”, mediante un plan estratéxico de títulos, prácticas, microcredenciais e mellora da empregabilidade.
No plano material e externo, o novo decano propón modernizar instalacións, laboratorios e equipamentos para garantir unha docencia máis práctica e actualizada.
Ao tempo, considera “esencial” aumentar a proxección social da Facultade con máis transferencia, divulgación, relación co sector profesional, apoio ás iniciativas do estudantado e actividades que conecten facultade e sociedade arredor de retos como a desinformación e o impacto da IA.
- El bar de Santiago premiado como uno de los mejores de España: 'Cuando lo montamos nos decían que era una locura
- La panadería de Santiago que triunfa con su café con flores: 'Estamos vendiendo más flores que pan
- Vuelve la fiesta que hace viajar a Santiago 50 años atrás: verbena, juegos tradicionales, música y magia
- Atropello en Rosalía de Castro: dos peregrinas heridas tras perder el control del vehículo un conductor octogenario
- Buscan figurantes en Santiago para la nueva película de Vaca Films: estos son los requisitos
- El restaurante más antiguo de Galicia lleva casi dos siglos abierto en Santiago: 'Fuimos ultramarinos, aserradero e incluso hicimos ataúdes
- De las aulas de Santiago a la graduación en Michigan: la historia de éxito de Carlota Garabato en Estados Unidos
- Orquesta Compostela,107 años siendo el latido musical de Santiago