Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

Preto de 50 cursos na Universidade de Verán da USC: estas son as temáticas e localizacións

O prazo abre este xoves 14 de maio e permanecerá aberto ata dez días antes do comezo de cada unha das propostas

Santiago acollerá 32 das 46 propostas ofrecidas pola USC súa Universidade de Verán.

Santiago acollerá 32 das 46 propostas ofrecidas pola USC súa Universidade de Verán. / Jesús Prieto

¿Ya nos sigues?Márcanos como medio preferente
Añádenos en Google

L.R.

Santiago

Universidade de Verán da USC ofrece nos meses de xuño, xullo, agosto e setembro un amplo catálogo de cursos que se desenvolverán en Santiago, Lugo e diversas vilas galegas. Dende este xoves 14 xa será posible matricularse en cada unha das 46 propostas. O prazo permanecerá aberto ata dez días antes do comezo de cada unha delas.

Na capital galega desenvolveranse un total de 32 cursos, con duracións que van de dous a seis días, aos que se suman 6 en Lugo e outros en Lalín, Mondoñedo, Monforte de Lemos, Noia, Oia, Ribeira, Meis, Porto do Son e Rianxo.

Así, en Compostela, en distintos centros e facultades, organízanse cursos sobre semicondutores, falar en público, a bioloxía das pequenas cousas, maternidades e infancias no Mediterráneo antigo, patrimonio e soportes dixitais, mindfulness, IA na saúde, medicina a pé de cama, as mulleres con poder da Idade Media, pedagoxía do primeiro ciclo de educación infantil, Tolkien, finanzas persoais, bioimpresión en 3D, sinerxías entre dereito e música, a Res mirandae, medicina de urxencias e emerxencias, saúde con perspectiva de xénero, medio ambiente en Galicia, como investigar con corpus, matemáticas, transición enerxética, xustiza interseccional, novas tendencias en medicina, manipulación informativa, privacidade e redes, as Leccións Xacobeas Internacionais, análise de datos con R, LaTeX, artes e pensamento e a prestación de servizos sanitarios ante os retos do XXI.

As temáticas a tratar en Lugo teñen que ver coa prevención do risco cardiovascular, a revitalización rural, as microrrizas na produción agroforestal, diagnóstico veterinario, valoración nutricional e abordaxe personalizada do deportista de alto rendemento e protección e maltrato a animal.

A programación de verán da USC complétase cun curso sobre enoturismo en Meis, o encontro Álvaro Cunqueiro de Mondoñedo, o potencial do audiovisual como ferramenta para a educación e a concienciación ambiental en Noia, un obradoiro de fotografía monumental en Rianxo, a 21 edición do curso sobre igualdade de oportunidades de Lalín, a igualdade nas relacións laborais en Porto do Son, oncoloxía integrativa en Oia e a educación patrimonial en Monforte.

Formación recoñecida con créditos ECTS para o estudantado

Toda persoa inscrita nun curso de verán que cumpra coa asistencia ao 80% das horas lectivas do curso, recibirá un diploma acreditativo no que constará o seu nome completo, nº de identificación, título de curso, datas e nº de horas lectivas.

Por outra parte, a USC recoñece os cursos da Universidade de Verán a efectos de créditos ECTS, en todas as titulacións de grao, para o estudantado da USC que estivese matriculado nun grao no momento de realizar o curso de verán e recibirán a tal efecto unha acreditación, sempre e cando cumpran coa asistencia ao 80% das horas lectivas do curso, coa seguinte equivalencia: 2 créditos por cada curso de 25 ou máis horas e 1 crédito por cada curso de menos de 25 horas (máximo 12 créditos en total, RR do 5/12/2025).

Tracking Pixel Contents