Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

A USC acolle a presentación dun libro que revisa o pensamento e o legado de Jesús Mosterín

Coordinado por Avelino Muleiro e presentado este martes 12 de maio en Filosofía, reúne ensaios de destacadas figuras da filosofía e da ciencia sobre a obra e a dimensión humana do autor catalán

Participantes na presentación do libro 'Jesús Mosterín, el filósofo de la verdad' na Facultade de Filosofía.

Participantes na presentación do libro 'Jesús Mosterín, el filósofo de la verdad' na Facultade de Filosofía. / Cedida

¿Ya nos sigues?Márcanos como medio preferente
Añádenos en Google

L.R.

Santiago

A Facultade de Filosofía da Universidade de Santiago acolleu este martes 12 de maio a presentación do libro Jesús Mosterín: el filósofo de la verdad, coordinado polo profesor e presidente do grupo Aletheia de Vigo, Avelino Muleiro.

Trátase dunha homenaxe póstuma ao gran filósofo da Ciencia de España e catedrático da Universidade de Barcelona de Lóxica e Filosofía da Ciencia, falecido en 2017.

No acto tomaron a palabra Javier Barcia, profesor de Estética da USC e presidente da Sociedade Interuniversitaria de Filosofía; Alba Iglesias, profesora de Filosofía da Universidade de Vigo, Marcelino Agís, catedrático de Filosofía da USC e o autor, exalumno de Mosterín e amigo personal, que organiza cada ano as Xornadas de Filosofía de Vigo, polas que pasou en varias edicións Jesús Mosterín.

Dende a lóxica matemática á defensa dos animais

O libro articúlase como unha colección de ensaios independentes escritos por destacadas figuras do pensamento e da ciencia. O seu propósito central é ofrecer unha reconstrución intelectual e afectiva de Jesús Mosterín, abordando de maneira integral tanto a súa obra como a súa figura persoal. Ao longo das súas páxinas percorren ámbitos tan diversos como a lóxica matemática, a bioloxía, a ética, a linguaxe, a neurociencia e a defensa dos animais, sen deixar de lado a súa faceta de profesor, editor, marido e pai. O conxunto conforma un retrato amplo e poliédrico que reivindica a Mosterín como unha figura imprescindible da filosofía contemporánea española e permite ao lector afondar con profundidade na riqueza e vixencia do seu pensamento e do seu legado.

Tracking Pixel Contents