Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

A prol do «bo cambio»

A Asociación Raigame do Ensanche compostelán esixe máis que urbanizar: estas son as súas propostas

A entidade veciñal do Ensanche lanza nas redes sociais as súas propostas procurando recabar o apoio e as propostas da cidadanía

Estado actual da Rúa Santiago de Chile.

Estado actual da Rúa Santiago de Chile. / Antonio Hernández

¿Ya nos sigues?Márcanos como medio preferente
Añádenos en Google
Ana Triñáns

Ana Triñáns

Santiago

A Asociación de Veciños Raigame, do Ensanche, tamén lanzou a raíz do proxecto reurbanizador de Santiago de Chile, unha consulta á veciñanza a través das súas redes sociais, propoñendo unha serie de medidas e coa intención de recoller as opinións da cidadanía sobre as mesmas.

Arredor desta iniciativa foi preguntado o concelleiro de Urbanismo, Iago Lestegás, que en rolda de prensa recoñeceu logo de comunicar as súas xuntanzas presenciais coa veciñanza e a publicación en liña dunha enquisa sobre a reurbanización da Rúa Santiago de Chile a da Praza de Vigo que todas as iniciativas «suman» para a mellora dun proxecto aínda por redactar e que vai mudar o modelo urbano do Ensanche.

Dende Raigame reivindican que «humanizar implica máis que urbanizar» ao tempo que poñen o foco en que se nos centramos na reurbanización é necesario ter en conta aspectos como a necesidade «dun plan de mobilidade actualizado» , que conleva tamén «un estudo previo do fluxos de tráfico» e o impacto que a pacificación de tráfico en Santiago de Chile e na Praza de Vigo poida ter na veciñanza e no comercio local da zona.

A asociación veciñal pon a ollada sobre a eliminación das prazas de aparcamento, 170, e por iso consideran que é necesario artellar esta merma á hora de levar a cabo a municipalización dos aparcadoiros da Praza de Vigo e da Praza de Galicia, que en conxunto suman uns 600 estacionamentos.

A concesión do parking da Praza de Galicia está agora mesmo cunha orde de continuidade, e a da Praza de Vigo remata o próximo mes de outubro, e recentemente foi recibido polo goberno local o estudo sobre a mellor xestión municipal dos mesmos, que proximamente se someterá a debate na comisión especial.

Dende Raigame tamén poñen o foco na parada de autobuses interurbanos da Rúa da Rosa, que colapsa o tráfico, e tamén sobre a recollida do lixo e a colocación de colectores, polo que piden que no proxecto de humanización se estude «controlar os desbordes» que padecen os colectores da zona.

Finalmente, a asociación reclama a necesidade de «dignificar o lugar de nacemento de Rosalía de Castro –na Praza de Vigo– cunha proposta artística e urbanística. «Non se trata de estar contra os cambios, senón de facelos ben», insisten dende Raigame.

Suscríbete para seguir leyendo

Tracking Pixel Contents