Urbanismo
Os socialistas denuncian a parálise de Raxoi no tema da vivenda
A concelleira Marta Abal reclama do goberno local unha "planificación estratéxica a medio prazo"

A concelleira socialista Marta Abal / cedida
A edil socialista Marta Abal advertiu este mércores de que os datos publicados polo Colexio Oficial da Arquitectura Técnica da Coruña «son moi preocupantes» e «evidencian un problema estrutural de oferta de vivenda en Santiago», despois de coñecerse que no primeiro trimestre de 2026 só se visaron 18 vivendas novas na cidade, fronte ás 101 do mesmo período do ano 2019.
Abal lembrou que esta caída da construción prodúcese «nun contexto de forte demanda» e puxo o foco nos datos oficiais do Instituto Galego de Vivenda e Solo, que sitúan en 1.813 as persoas inscritas no Rexistro Único de Demandantes de Vivenda para Santiago de Compostela.
A edil tamén lembrou que os datos do Ministerio de Vivenda confirman que Santiago é o segundo municipio de Galicia con máis capacidade residencial pendente de desenvolver, con ámbitos previstos no PXOM aínda sen executar.
«Falta oferta efectiva porque boa parte do solo residencial previsto segue sen desenvolverse». Por iso, desde PSOE insisten na necesidade dunha «planificación estratéxica da vivenda a medio prazo», centrada en desbloquear e desenvolver o solo previsto no PXOM.
- Reabre en Santiago una de las cafeterías más queridas del casco histórico: 'Volvemos con la misma ilusión y ganas
- La propuesta que vuelve a poner en el foco la visita del Papa a Santiago: León XIV deja en el aire su presencia en 2027
- El outlet Área Central de Santiago alarga este viernes su hora de cierre para convertirse en una 'Jungla' con descuentos del 50%
- Raxoi paraliza una obra ilegal frente al parque de Bonaval: 'Habéis roto un trozo de historia
- Buscan figurantes en Santiago para la nueva película de Vaca Films: estos son los requisitos
- Crónica social compostelana | Reunión de cuatro generaciones de la familia Rúa
- De las aulas de Santiago a la graduación en Michigan: la historia de éxito de Carlota Garabato en Estados Unidos
- La expropiación de terrenos para construir 3.609 viviendas en el Ensanche Norte de Santiago llegará a un máximo de 12 euros el metro cuadrado