Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

Do Composfest ao concerto de OBK ou La Oca: Que facer hoxe, 15 de maio, en Santiago?

9Louro é un dos artistas que conforman o Compos Fest

9Louro é un dos artistas que conforman o Compos Fest / Cedida

¿Ya nos sigues?Márcanos como medio preferente
Añádenos en Google

Chega o Compos Fest con 9Louro, Lumedoloop e DJ Saya

FESTAS DA ASCENSIÓN. Desde as 18:30 horas ata as 21:00 horas, hai concertos de Coro Voces de Compostela, Coro Asubio, Coral Alegría de Compostela e Coro Santa Susana (Toural, Cervantes, Obradoiro, Santa María Salomé) e xa, ás 20 horas na Alameda, chega a edición número XLIX do tradicional Torneo da Chave, e ás 20:30 h. na Praza da Quintana, chega o Compos Fest con concertos de 9Louro (artista galego que suma 116.000 escoitantes ao mes na plataforma de streaming Spotify, cun repertorio onde hai oco para sons de urbana, latin, soul e arembi con cancións como Non me culpes ou Cando me miran), Lumedoloop e DJ Saya, con entrada libre como cada un dos actos da programación destas Festas da Asecensión que organiza o Concello de Santiago. E, ás 20:30 horas, actuación do Obradoiro de Voces Libredón no soportal do edificio de Correos, e do Bloco da Escola de Latexo Percusión (20 h.), na Alameda, Carreira do Conde e Praza Roxa.

Música folk con Meninos do Pandeiro e pop con OBK

VARIAS PROPOSTAS. Meninos do Pandeiro ofrecen hoxe (19 horas) un concerto de folk no centro sociocultural de Aríns. Eles son Xan Pérez (voz e percusións) e Carlos Quintá (violino), e a súa actuación é parte do ciclo No Campo de Fóra, proposta do Concello de Santiago, con entrada de balde. E a xira pop chamada Vértigo Tour, proxecto de OBK, chega ata a Capitol (21 horas; 32 euros). E no Teatro Compostela, o espectaculo de humor chamado Tremendo Show, foi cancelado: «Sentímolo moitísimo, pero por razóns alleas a nós, o show do 15 de maio cancélase e teremos que agardar un pouco máis para volver vernos. Desculpade as molestias», sinala desde redes esa formación cómica galega.

Exposición sobre Begoña Caamaño no Claustro Alto do Colexio de Fonseca

Exposición sobre Begoña Caamaño no Claustro Alto do Colexio de Fonseca / Cedida

Exposición sobre Begoña Caamaño

A USC, a través da Biblioteca Universitaria e da Área de Cultura, ofrece unha mostra que percorre a traxectoria vital de Begoña Caamaño e o seu compromiso co pensamento crítico, coa lingua e cos dereitos das mulleres. Está aberta no Claustro Alto do Colexio de Fonseca, con entrada libre.

A. C. Devagariño e La Oca

ALBORADA + ORQUESTRA. Desde ás 10 horas, nas Festas da Ascensión, chega a alborada a cargo da Asociación Cultural Devagariño, ata as 12 h., cun percorrido desde o Castiñeiriño a San Fiz de Solovio, e na Alameda hai unha actuación da orquestra La Oca, desde ás 22 horas con entrada libre (e xa mañá, nese mesmo espazo a música vai ser cousa da orquestra Atenas mentres que na Quintana, ás 21 horas, vai cantar pop Alba Reche).

Tracking Pixel Contents