Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

Festas da Ascensión

A música, o fío condutor da festa para novos e maiores

A veciñanza compostelá e dos arredores entregouse este sábado da Ascensión en Amio e en Belvís, sen deixar pasar o baile tradicional na cidade histórica

¿Ya nos sigues?Márcanos como medio preferente
Añádenos en Google
Ana Triñáns

Ana Triñáns

Santiago

O 16 de maio é o Día Mundial do Heavy Metal, en honor a Ronnie James Dio, vocalista de Black Sabbath falecido nesta data. E desta volta ademais de vésperas do Día das Letras, coincidiu coa Ascensión, a principal festa da cidade, a dos ‘picheleiros’, con eventos coma a Festa dos Maiores en Amio ou a Romaría das Flores en Belvís.

Dúas citas moi distintas, que nada teñen que ver co heavy metal, e con moi diversa traxectoria: a primeira, a dos maiores, é xa un clásico, a segunda, a de Belvís, é tan só o segundo ano que se celebra pero xa semella consolidada.

Coma cada ano a Amio achegáronse maiores, e non tan maiores, de Santiago e mais da súa comarca, a xantar, compartir e bailar. «Hai xente que vexo aquí de ano en ano», comentaba algunha das persoas que participaron desta festa, que reuniu a máis de milleiro e medio de comensais e á que non faltaron os membros da Corporación local, tanto do goberno (BNG, coa alcaldesa Goretti Sanmartín e a concelleira de Capital Cultural, Míriam Louzao; e Compostela Aberta, cos edís María Rozas e Xan Duro), coma dos membros da oposición (Borja Verea, Olaya e Yolanda Otero, José Antonio Constenla, Nerea Barcia –PP–, Marta AbalPSOE–, Gonzalo Muíños, Mila Castro ou Mercedes Rosón –non adscritas–.

O espírito desta festa foi o de cada ano, «entusiasmo, gañas de compartir e pasalo ben» e de visibilizarse, para que Compostela non esqueza tampouco que os maiores tamén contan, nin a Corporación local.

Como tamén contan os que prefiren outro tipo de lecer, outra maneira de atoparse pero igual de necesaria que a dos maiores en Amio: a Romaría das Flores, no Parque de Belvís, onde se contou cun cartel de primeira orde, con Chicho Selektor (Ortiga), Saibran ou Familia Caamagno e a Orquestra do Quince, nunha segunda edición que fai desta romaxe unha cita xa consolidada nas festas da Ascensión.

Como novidade, ademais, a celebración esténdese até este domingo, cunha sesión vermú que non esquece tampouco darlle espazo aos máis cativos cos Xogos do Paporrubio e Alouette Machine ou a zona de editoras de Compostela, xunto á área gastronómica. Para este domingo, o parque conta coas actuacións de Vinicius e o seu Conjunto Selvagem, coa Orquesta Neverloura e con Bigote Mix, ás 17 horas pechando a festa.

Organizada polo Concello de Santiago, coma toda a programación das festas, conta coa produción de Tremendo Audiovisual, e co patrocinio principal de Deleite e o apoio de Estrella Galicia, Bodegas Lodeiros e Paco & Lola.

Alba Reche na Quintana

A Praza da Quintana acolleu un dos pratos fortes da xornada e das Festas da Ascensión, o concerto de Alba Reche, artista coñecida por participar na décima edición de Operación Triunfo. Enmarcado no ciclo SON Estrella Galicia, Reche achegou o seu último álbum, No soy tu hombre, con temas que xiran en torno ao desamor e a aceptación persoal.

Mentres tanto, e ao mellor para outro tipo de público, tampouco de heavy metal no seu día mundial, a orquestra Atenas amenizaba a velada na Alameda compostelá.

Baile tradicional

As escolas de baile da cidade tiveron tamén o seu protagonismo no sábado da Ascensión. Comezaron ao mediodía na Quintana e en Cervantes, cunha demostración de danza da Agrupación Folclórica Cantigas e Agarimos, do Grupo de Baile e Música Tradicional Brincadeira e do Obradoiro de Cultura Ultreia. A festa estendeuse pola tarde até a Praza do Toural (ás 18 horas) coa Agrupación Folclórica Colexiata do Sar, Ultreia e Cantigas e Agarimos.

E tamén chegou até a Praza do Obradoiro, centro neurálxico da cidade histórica, cos mesmos grupos e as demostracións das súas agrupación de baile, de cativos e maiores. As agrupacións ofreceron, ademais, obradoiros para os festeiros, para a súa iniciación na danza tradicional.

Tracking Pixel Contents