Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

Ruta a Nova York

Promoción de Santiago nos mercados turísticos de Norteamérica

Turismo de Santiago participou esta semana en Montreal na Spain Tourism Summit

Turismo de Santiago participou esta semana en Montreal na Spain Tourism Summit / cedida

¿Ya nos sigues?Márcanos como medio preferente
Añádenos en Google
Santiago

Turismo de Santiago participou esta semana en Montreal na Spain Tourism Summit, un evento organizado por Turespaña e dirixido especificamente aos mercados de Canadá e Estados Unidos. Unha cita que contou coa participación de Nova York, Chicago, Miami e Los Ángeles, e Toronto.

Dende Turismo de Galicia mantivéronse máis de cincuenta reunións con profesionais norteamericanos de diferentes perfís como turismo de ocio, turismo de grupo e turismo de congresos, xornadas e incentivos. Uns encontros no que a entidade municipal puido comprobar a consolidación de Santiago os últimos meses nestes dous mercados, ambos cun importante valor engadido polo seu elevado nivel de gasto.

De feito, Estados Unidos é xa o primeiro mercado emisor internacional a Santiago, con máis de 150.000 estadías no 2024, o que supón case o 20% das estadías internacionais que se producen na cidade. Canadá, pola súa banda, foi o ano pasado o décimo mercado internacional con maior número de compostelas entregadas a peregrinos, 8.843 en total.

Ademais de amosar os atractivos da cidade para diferentes perfís de turistas, a entidade municipal fixo fincapé na promoción da nova ruta directa Nova York-Santiago, operada por United Airlines, e que suporá unha gran oportunidade para achegar ambos mercados a Compostela.

Tracking Pixel Contents