Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

En campaña

Borja Verea prepárase para as eleccións e pula por “un Santiago máis familiar”

O líder da oposición anuncia que semanalmente irá propoñendo medidas a adoptar cando chegue á Alcaldía

Imaxe de arquivo dunha actividade extraescolar

Imaxe de arquivo dunha actividade extraescolar / ECG

¿Ya nos sigues?Márcanos como medio preferente
Añádenos en Google
Ana Triñáns

Ana Triñáns

“Levo moitos anos percorrendo Santiago, falando cos veciños, escoitando os barrios, as ANPAS e as familias”. Comezaba así a súa rolda de prensa o líder da oposición en Raxoi, o popular Borja Verea, para anunciar a batería de medidas que vai ir presentando semanalmente para “facer fácil a vida das familias compostelás”.

Verea centrouse no aspecto familiar de Compostela, buscando “menos discursos baleiros e máis solucións”. Arranxos e medidas para facilitar a conciliación, a entrada e saída aos colexios ou aos centros de saúde. O líder do PP de Santiago referiuse á “sensación de vivir correndo” que teñen os pais e nais de Santiago á hora de levaren os seus cativos á escola.

“Criar un fillo en Santiago non pode ser unha carreira de obstáculos”, por iso PP no poder local asumirá a responsabilidade das actividades extraescolares para liberar as ANPAS que así o queiran. A intención de Borja Verea é conseguir “que todos os rapaces teñan a mesma accesibilidade ás actividades”, independentemente do barrio ou do centro escolar.

Outra das propostas do PP para facilitar o acceso das familias a centros escolares e de saúde é a “parada familiar”, un aparcamento rápido ante farmacias e centros de saúde, así coma unha bolsa familiar “zona azul”, na procura de que Santiago sexa “unha cidade que lle aforre tempo ás familias”.

Tracking Pixel Contents