USC
Josefa Salgado Carballo convértese na nova decana da Facultade de Física
A rehabilitación do edificio, a captación de talento estudantil e a integración da IA na docencia marcan a folla de ruta do novo equipo decanal da USC

A cetedrática Josefa Salgado Carballo é a nova decana da Facultade de Física da USC. / Santi Alvite
L.R.
A profesora Josefa Salgado Carballo acaba de ser elixida decana da Facultade de Física da Universidade por Santiago por 42 votos a favor, 1 en branco e 1 abstención. Deste xeito, substitúe no cargo á profesora Elena López Lago. Acompañarana á fronte do equipo decanal Silvia Barbosa Fernández e Xesús Prieto Blanco (vicedecanos) e Héctor Álvarez Pol (secretario). Para estes seis anos de traballo, a decana considera “imprescindible” abordar a rehabilitación do edificio da Facultade de Física, garantindo espazos “adaptados ás necesidades presentes e futuras da comunidade”.
Outro dos eixos fundamentais da súa proposta é a captación e retención do talento estudantil, “reforzando as accións orientadas a garantir unha formación inclusiva e de calidade para todo o estudantado”, dixo.
Outro dos retos a afrontar é a integración da intelixencia artificial no ámbito docente, que implica non só a incorporación de ferramentas dixitais avanzadas, senón tamén a “formación crítica do estudantado no seu uso, promovendo competencias que serán esenciais no seu desenvolvemento académico e profesional”. Así mesmo, salienta a necesidade de reforzar a conexión entre a Facultade de Física e os distintos institutos de investigación aos que está vinculado o PDI da Facultade, así como co tecido empresarial e coas empresas con capacidade de absorción “do grande talento presente nas nosas aulas”.
A catedrática considera tamén fundamental “avanzar cara a un modelo de xestión máis áxil, baseado na participación, na transparencia e no diálogo constante, co obxectivo de construír un proxecto común e sólido”.
Traxectoria da catedrática de Física Aplicada
Josefa Salgado Carballo, natural de Verín (Ourense) é catedrática do departamento de Física Aplicada e membro do grupo de investigación NaFoMAT (Nanomateriais, Fotónica e Materia Branda). Foi secretaria (2010-2014) e directora (2014-2023) do departamento de Física Aplicada, e secretaria do Instituto de Materiais (iMATUS) desde abril de 2023 ata a actualidade. Ten recoñecidos cinco sexenios de investigación e cinco quinquenios docentes.
A súa traxectoria docente comezou na Escola Politécnica Superior de Enxeñaría do Campus de Lugo. Na actualidade a maior parte da docencia que imparte corresponde ao grao en Física. Foi titora de máis de 35 Traballos Fin de Grao (TFG), Traballos Fin de Mestrado (TFM) e proxectos fin de carreira. Dirixiu catro teses de doutoramento, a última no marco do programa de doutoramento industrial da Xunta de Galicia, en colaboración coa empresa ABCR-Laboratorios, e actualmente dirixe outras dúas. Ademais, organizou numerosos encontros científicos estatais e internacionais, así como escolas e cursos de verán.
A súa principal liña de investigación céntrase no estudo de novos materiais baseados en líquidos iónicos confinados en matrices poliméricas para o seu uso como electrólitos en dispositivos flexibles de almacenamento de enerxía. É coautora de máis de 100 publicacións científicas, de máis de 200 contribucións a congresos e participou en máis de 35 proxectos de investigación e convenios con empresas e institucións.
- El bar de Santiago premiado como uno de los mejores de España: 'Cuando lo montamos nos decían que era una locura
- La panadería de Santiago que triunfa con su café con flores: 'Estamos vendiendo más flores que pan
- Vuelve la fiesta que hace viajar a Santiago 50 años atrás: verbena, juegos tradicionales, música y magia
- Atropello en Rosalía de Castro: dos peregrinas heridas tras perder el control del vehículo un conductor octogenario
- Buscan figurantes en Santiago para la nueva película de Vaca Films: estos son los requisitos
- El restaurante más antiguo de Galicia lleva casi dos siglos abierto en Santiago: 'Fuimos ultramarinos, aserradero e incluso hicimos ataúdes
- De las aulas de Santiago a la graduación en Michigan: la historia de éxito de Carlota Garabato en Estados Unidos
- Orquesta Compostela,107 años siendo el latido musical de Santiago