Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

Sanmartín insiste en reunirse coa Xunta para falar da achega pola capitalidade: “Non queren porque a cifra sería moi superior”

A alcaldesa considera “insuficiente” a subida dun 14 % aprobada este luns polo Goberno autonómico

Alfonso Rueda y Goretti Sanmartín se saludan en presencia de otras autoridades en un acto en Santiago

Alfonso Rueda y Goretti Sanmartín se saludan en presencia de otras autoridades en un acto en Santiago / Jesús Prieto

¿Ya nos sigues?Márcanos como medio preferente
Añádenos en Google
Manu López

Manu López

Santiago de Compostela

A alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, volveu reclamar este martes unha reunión co presidente da Xunta, Alfonso Rueda, para abordar un incremento da cantidade que percibe Compostela do Goberno autonómico para financiar os gastos derivados de ser a capital galega. A petición chega despois de que San Caetano aprobase este luns unha subida xa anunciada con anterioridade do 14%, ata os 3 millóns de euros.

Cálculos de ata 8 millóns

Sanmartín lembrou que no único encontro que mantivo con Rueda sendo alcaldesa, en outubro do 2023, “comentouse que habería unha reunión formal do Consello da Capitalidade e que alí se verían cales son os estudos económicos” para calcular esa achega. A rexedora incidiu en que o Concello manexa informes que estiman a contía en 8 millóns, mentres que un da USC de hai varios anos falaba de 5,5 millóns.

Desta maneira, considerou que existe unha “falta de compromiso” por parte do Executivo galego ao non terse producido esa xuntanza e valorou que “non se quere facer porque se sabe perfectamente que a cifra resultante en todo caso é moi superior á que agora a Xunta ofrece”.

Critica a “decisión unilateral” da Xunta

A rexedora tamén defendeu que a postura do goberno local foi “realista e sensata” ao non reclamar que se pasase dun ano para outro dos 2,4 millóns que percibía Santiago aos 8 que calcula o mencionado estudo. “Habería que facer unha planificación, un deseño de como se ía facer nos sucesivos anos”, apuntou. Pola contra, a Xunta “está tomando unha decisión de maneira unilateral”.

Ademais, Sanmartín comparou o que sucede noutras comunidades autónomas, onde as cifras “están actualizándose e achegándose a aquilo que lles corresponde” e asegurou que continuará esixindo “o que é de xustiza para Santiago”. Así, amosouse disposta a reunirse, pero “é evidente que se ano tras ano, o que se van producindo son subas que se fan dunha maneira unilateral e sen ningún diálogo, a miña esperanza é pouca nesta altura”.

Tracking Pixel Contents