Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

Programa Galemundo da Xunta

Máis de 70 estudantes da USC mellorarán idiomas no estranxeiro este verán

A Xunta concede bolsas do programa Galemundo a 184 universitarios galegos para realizar cursos presenciais entre xuño e agosto en doce países

Estudantes no Campus Sur da Universidade de Santiago.

Estudantes no Campus Sur da Universidade de Santiago. / Jesús Prieto

¿Ya nos sigues?Márcanos como medio preferente
Añádenos en Google

L.R.

Santiago

Un total de 76 estudantes da Universidade de Santiago (USC) beneficiaranse este verán das bolsas do programa Galemundo da Xunta de Galicia para mellorar os seus coñecementos de idiomas no estranxeiro. A resolución da convocatoria, impulsada pola Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e FP, inclúe tamén 53 alumnos da Universidade de Vigo (UVigo), 52 da Universidade da Coruña (UDC) e tres da Universidade Intercontinental da Empresa.

En total son 184 universitarios galegos os que recibirán estas axudas, das que case o 72% corresponden a mulleres, cun total de 132 beneficiarias, fronte a 52 homes. As bolsas ascenden a 1.200 euros para estadías en países europeos e a 1.500 euros para destinos fóra de Europa.

Por ramas de coñecemento, Ciencias Sociais e Xurídicas concentra o maior número de bolseiros, cun 47% do total (87 estudantes). Séguenlle Ciencias da Saúde, cun 17% (30); Enxeñaría e Arquitectura, cun 16% (29); Artes e Humanidades, cun 15% (28); e Ciencias, cun 5% (10).

As persoas beneficiarias realizarán cursos presenciais de idiomas entre o 1 de xuño e o 31 de agosto, cunha duración mínima de tres semanas e polo menos 45 horas lectivas no idioma oficial do país elixido.

Irlanda é o destino preferido, con 49 estudantes, seguida de Malta (32), Reino Unido (28), Canadá (19), Francia (15), Alemaña (14), Italia (13), Portugal (9), China (2), Bélxica (1), Suecia (1) e Xapón (1).

Un programa que permite a mobilidade de máis de 8.000 estudantes este curso académico

O programa Galemundo engloba todas as bolsas da Xunta destinadas á internacionalización educativa e permitirá este curso a mobilidade de arredor de 8.300 estudantes e docentes no estranxeiro. O Goberno galego destina este ano preto de 18 millóns de euros a esta iniciativa, que ten esta iniciativa enmarcada na aposta da Xunta por consolidar a posición de Galicia como referente no plurilingüismo.

Tracking Pixel Contents