Seguridade cidadá
O PP de Santiago denuncia un incremento das pelexas e da inseguridade na cidade
José Ramón de la Fuente e Olaya Otero acusan o goberno local de "mirar cara outro lado"
Aseguran que hai comercios que "traballan coa porta pechada por medo a roubos, ameazas e agresións"

Olaya Otero e José Ramón de la Fuente denunciraon o incremento da inseguridade en Santiago / Cedida
O Partido Popular de Santiago denunciou este mércores o "deterioro progresivo da convivencia e da seguridade" na cidade e acusou o goberno de Goretti Sanmartín de "negar permanentemente un problema que preocupa cada vez máis a veciños, comerciantes e familias compostelás". Nunha comparecencia dos concelleiros José Ramón de la Fuente e Olaya Otero, o PP advertiu do aumento de pelexas, altercados e rifas tumultuarias, e reclamou que Raxoi "abandone a pasividade" e tome medidas.
De la Fuente afirmou que "a convivencia en Santiago está a deteriorarse e o Concello segue negando o problema e mirando cara a outro lado". Segundo explicou, non se trata de "casos puntuais", senón de feitos reiterados que "xeran preocupación social e sensación de inseguridade". O edil citou datos do Ministerio do Interior para sinalar que, desde 2023, "as pelexas e rifas sofren un incremento do 78,26 %", e advertiu de que forman parte da "preocupación diaria de moitos veciños".
Acusa a Raxoi de "estar de brazos cruzados"
O concelleiro criticou que o goberno de BNG e Compostela Aberta insista en que Santiago é unha cidade segura e cualifique de "alarmistas" a quen alerta da situación. "Quen alerta do problema non crea alarma; o que alarma é comprobar que o goberno de Goretti Sanmartín ignora o problema e está de brazos cruzados", sinalou. Tamén acusou o executivo local de "negar a realidade antes que afrontala" e trasladou o apoio da súa formación ás asociacións veciñais, comerciantes e colectivos que "levan moito tempo denunciando estes feitos".
Entre as propostas formuladas, De la Fuente reclamou crear unha mesa permanente de diálogo coa veciñanza, ampliar e mellorar as cámaras de videovixilancia, elaborar un plan municipal de seguridade e convivencia, actuar nas zonas con máis altercados, reforzar a presenza policial e mellorar a iluminación. "Negar un problema nunca serviu para solucionalo", concluíu, pedindo "un goberno que escoite á cidadanía e actúe con responsabilidade".
"Medo" entre os comerciantes
Pola súa banda, Olaya Otero centrouse na situación do comercio compostelán. Asegurou que moitos negocios traballan "en condicións de absoluta inseguridade" e que "as e os comerciantes traballan a día de hoxe con medo". Segundo destacou, "en moitos casos teñen que traballar coas portas dos seus establecementos pechadas con chave por medo a roubos, ameazas e incluso agresións".
Otero relatou testemuños recollidos entre algúns responsables dos establecementos, como "Intentou roubar e cando lle chamei a atención cuspiume na cara"; "hai un mozo que se pasea pola zona cun coitelo"; ou "levamos catro anos de degradación total, en Santiago nunca pasou o que está pasando agora". A concelleira subliñou que estas denuncias proceden do propio comercio, que pide apoio e reclama ao goberno municipal máis presenza policial.
Finalmente, advertiu de que a inseguridade xa non se limita "a unha zona concreta, senón que se repite en diferentes rúas, tanto no casco histórico como no Ensanche". Otero criticou que "se siga negando unha realidade coñecida por toda a cidade" e preguntouse "onde está a señora alcaldesa" e se o goberno local vai continuar "negando a maior".
- La Panadería Moure dice adiós a Pontepedriña tras más de 70 años: «Los clientes venían porque les gustaba nuestro pan, pero también por el trato»
- Compostela perde un dos seus activistas culturais: morre aos 52 anos Gonzalo Suárez Castro, da Unitaria
- Un vehículo se sale de la vía en una calle de Santiago, se empotra contra un banco y deja varias personas heridas
- Las fiestas de a Nosa Señora da Mercé de Conxo vuelven con música, pulpo y un emotivo homenaje a Kiko Fernández
- Cuatro orquestas y diez conciertos: la gran verbena con Los Satélites que llega esta semana a 30 minutos de Santiago
- Christian Gálvez vuelve a Galicia: «Elegí Jacob para el ‘prota’ del libro que abre la saga como homenaje a Santiago»
- Suspendido el mayor festival de música urbana de Santiago
- El diésel y la gasolina cambian de precio este martes tras la bonificación del Gobierno: así queda el precio del litro en Santiago