Turismo
Santiago promociona o Rosalía de Castro na principal cita europea de conectividade aérea
A finais de maio, tras o peche por mor das obras, o aeroporto contará con dezasete rutas internacionais

Un avión aterrando no aeroporto Rosalía de Castro de Santiago. / Antonio Hernández
Redacción
Turismo de Santiago participou estes días en Routes Europe 2026, o evento anual máis importante para a promoción da conectividade aérea, que nesta edición tivo lugar en Rimini. Unha cita na que participan persoas responsables da toma de decisións de aeroliñas, aeroportos, destinos e demáis segmentos da aviación interesados no presente e futuro da conectividade aérea europea.
O evento estructúrase en tres bloques de interese para Turismo de Santiago. O primeiro é a posibilidade de ter xuntanzas directas con responsables de múltiples compañías aéreas, sendo unha oportunidade tanto para consolidar a relación xa existente con compañías que operan en Santiago coma para establecer novos contactos con compañías europeas para amosarlles as posibilidades do aeroporto e do destino.
Estas xuntanzas, previamente axendadas, compleméntanse con dez horas de actividades de networking, que permiten profundizar no coñecemento persoal dos contactos precisos nas compañías, elemento esencial para poder aproveitar oportunidades.
Turismo de Santiago continúa desta forma coa súa estratexia de promoción do aeroporto compostelán como porta de entrada do turismo na cidade.
A finais de maio, tras a reapertura do aeroporto pechado por mor das obras, o Rosalía de Castro contará coa súa maior oferta internacional, 17 rutas.
- Reabre en Santiago una de las cafeterías más queridas del casco histórico: 'Volvemos con la misma ilusión y ganas
- La propuesta que vuelve a poner en el foco la visita del Papa a Santiago: León XIV deja en el aire su presencia en 2027
- El outlet Área Central de Santiago alarga este viernes su hora de cierre para convertirse en una 'Jungla' con descuentos del 50%
- Hallan el cadáver de una mujer en la huerta de la vecina de la rúa das Hortas que desapareció el jueves
- Raxoi paraliza una obra ilegal frente al parque de Bonaval: 'Habéis roto un trozo de historia
- Buscan figurantes en Santiago para la nueva película de Vaca Films: estos son los requisitos
- Crónica social compostelana | Reunión de cuatro generaciones de la familia Rúa
- La expropiación de terrenos para construir 3.609 viviendas en el Ensanche Norte de Santiago llegará a un máximo de 12 euros el metro cuadrado