MUSEOS
Concha Losada, presidenta do Padroado do Museo do Pobo, comunica a súa decisión de non continuar á fronte da institución
Quere favorecer a incorporación de novos perfís ao proxecto e seguirá vinculada ao centro que aínda ten a dirección baleira

Na esquerda, Concha Losada, ex presidenta do Padroado do Museo do Pobo Galego. / Iñaki Abella (FDV)

A Asemblea do Padroado do Museo do Pobo Galego, unha das institucións culturais máis salientables de Santiago, aprobou a posta en marcha dun proceso orientado a reforzar a estrutura organizativa da institución e adaptala aos retos actuais. e no marco deste proceso, a ata agora presidenta do Padroado, Concha Losada, comunicou a súa decisión de non continuar á fronte da institución nesta nova etapa.
Novos perfís
Concha Losada quere "favorecer a incorporación de novos perfís ao proxecto nun momento especialmente propicio. Si seguirá vinculada ao Museo do Pobo Galego como membro do Padroado e como coordinadora do Arquivo do Patrimonio Oral da Identidade (APOI), colaborando ademais no proceso de transición", sinalan na nota do museo.
Falta de fondos e SOS
Concha Losada falou en febreiro da situación do centro en conversa con EL CORREO GALLEGO para salientar entón a necesidade de ter "máis fondos" e analizar a situación meses despois da dimisión da dirección que estaba en mans do antropólogo Lois Ladra que en novembro pasado falou neste xornal neste termos: "Convén lanzar un SOS e ver se a sociedade galega recolle esa chamada".
Renovación do Consello de Goberno
E engaden que esta decisión de Concha Losada prodúcese no marco do proceso de renovación do Consello de Goberno, tras non rexistrarse candidaturas na convocatoria electoral realizada conforme aos estatutos.
Ante esta situación, "a Asemblea acordou, por maioría, dar continuidade ao actual Consello de Goberno de maneira temporal, até finais de 2027, garantindo o funcionamento ordinario da institución e co obxectivo de impulsar unha serie de axustes organizativos".
"Estas adaptacións, que afectarán tanto aos estatutos como ao Regulamento de Réxime Interno, permitirán adaptar o funcionamento do Padroado e do Museo a un contexto social e institucional en evolución, reforzando a súa capacidade de xestión e a súa proxección de futuro".
Chega o 50 aniversario
Paralelamente, o Museo do Pobo Galego ultima xa a preparación da conmemoración do seu 50 aniversario, "un fito que marcará a actividade da institución nos vindeiros meses e que se concibe tamén como unha oportunidade para reforzar o seu papel como referente na conservación, estudo e difusión do patrimonio cultural galego ao servizo da sociedade".
- El gallego licenciado en la USC por el que apuesta RTVE para presentar ‘Directo al grano’ tras los cambios de Javier Ruiz, Jesús Cintora y Gonzalo Miró
- Muere María Pardo, la exconcejala de Santiago que gestionó tres años el urbanismo de la ciudad y ejerció de portavoz del PP
- La profesora compostelana que encontró su lugar en Australia: 'En Galicia deberíamos vivir más enfocados en nuestra naturaleza
- La Panadería Moure dice adiós a Pontepedriña tras más de 70 años: «Los clientes venían porque les gustaba nuestro pan, pero también por el trato»
- Un vehículo se sale de la vía en una calle de Santiago, se empotra contra un banco y deja varias personas heridas
- Cuatro orquestas y diez conciertos: la gran verbena con Los Satélites que llega esta semana a 30 minutos de Santiago
- La reina de las flores: un recuerdo a María Pardo
- Los compostelanos que resisten a la presión turística: vivir y trabajar en la zona vieja de Santiago