Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

Obras municipais

Raxoi dálle adiante á licitación das obras de renovación da rede de saneamento en Amio e da envolvente do Vero Boquete

Os traballos para o cambio das tubaxes na Rúa da Mira e as melloras no estadio terán un prazo de execución de catro meses unha vez adxudicado o contrato

No estadio Verónica Boquete de San Lázaro investiranse 1,3 millóns

No estadio Verónica Boquete de San Lázaro investiranse 1,3 millóns / Cedida

¿Ya nos sigues?Márcanos como medio preferente
Añádenos en Google
Ana Triñáns

Ana Triñáns

Santiago

A xunta de goberno celebrada este luns deu luz verde a licitación de dúas actuacións de mellora longamente agardadas na cidade: a renovación da rede de saneamento da Rúa da Mira, en Amio, cun orzamento base de 126.960 euros; e os traballos de corrección que necesita a envolvente do Estadio Vero Boquete, cun presuposto base de licitación de case 1,3 millóns de euros, IVE incluído.

O anuncio facíao, como é habitual, a voceira do goberno local, Míriam Louzao, que apuntaba tamén que en ambos os casos o prazo de execución das obras será de 4 meses, unha vez adxudicado o contrato.

“Roturas recorrentes”

A concelleira Míriam Louzao explicou que a renovación da rede de abastecemento que se vai realizar na zona da Rúa da Mira busca “minimizar as perdas de agua, o Plan de fugas que se aprobou na xunta de goberno de xuño de 2023 e que sinalou este ámbito como prioritario”.

Unha prioridade que lle confiren a esta área de Amio “as roturas recorrentes das tubaxes de fibrocemento e de polietileno de baixa densidade”. A edil sinalou que en Santiago hai uns 69 km de tubaxes de fibrocemento, dos cales algo máis de 32 km correspóndese coa rede de distribución, “onde se producen a maioría das avarías”.

O proxecto de renovación da rede na Rúa da Mira vai afectar 711 metros da rede de abastecemento e constitúe “a primeira fase dunha intervención que afectará máis rúas da zona de Amio para as que xa se teñen os proxectos correspondentes”. Nesta obra vanse instalar novos condutos de fundición en paralelo aos actuais “e colocaránse varios by-pass para minimizar os cortes de subinistración durante a obra”.

Coa colaboración da deputación

Tamén por procedemento aberto simplificado, coma no caso de Amio, vai saír a licitación e rehabilitación da envolvente do Estadio Vero Boquete, en San Lázaro. Segundo explicou en rolda de prensa a concelleira Louzao, trátase de actuar na fachada e nas cubertas, así coma nos soportais, no falso teito da cafetaría e nas carpintarías da porta 1.

Unha actuacións que se engloban nun proxecto maior cun orzamento de arredor de 9,3 millóns de euros, e dos que para estes primeiros traballos se destinan 1,3 millóns. Igual que na creación do estadio, en 1990, colaboraron as administracións local, autonómica e estatal, nesta ocasión cóntase cunha achega, a través dunha subvención ao Concello, de 850.000 euros da Deputación da Coruña.

A edil Míriam Louzao sinalou que “dende o comezo a instalación adoeceu de deficiencias estruturais”, polo que se realizou en 2019 un Estudo Integral de Patoloxías, que se actualizou dende aquela. “Neste mandato realizamos unha avaliación de necesidades globais” do Vero Boquete, que permitiu detectar novas deficiencias a resolver.

Tracking Pixel Contents