Próximo pleno
As non adscritas piden anticipar melloras na mobilidade na zona de Salgueiriños
Buscan que a área se prepare con vistas ao proxecto da Xunta de construír alí 224 vivendas

As edís non adscritas Marta Álvarez, Gonzalo Muíños, Mercedes Rosón e Mila Castro nos corredores de Raxoi / cedida
A edil non adscrita Mercedes Rosón anunciou que defenderá no pleno desta semana unha proposición orientada a garantir alternativas de estacionamento e mellorar a mobilidade na contorna de Salgueiriños ante o anuncio da Xunta de desenvolver na súa parcela desta zona un proxecto urbanístico con 224 vivendas de promoción pública e unha residencia xuvenil de 150 prazas.
Rosón sinala que o anuncio chega «despois de máis dunha década e media de gobernos do PP sen desenvolver políticas ambiciosas de vivenda pública en Santiago», a pesar de considerar que estas novas vivendas son «unha actuación benvida e necesaria».
A concelleira advirte que «esta situación obriga o Concello a anticiparse e planificar solucións alternativas que permitan manter un servizo relevante para a mobilidade da zona norte e para o turismo itinerante».
Rosón lembra que as non adscritas xa trasladaran esta preocupación na negociación dos orzamentos municipais, incorporando expresamente a proposta de crear un aparcadoiro disuasorio na zona norte da cidade coa colaboración doutras administracións para a súa planificación, financiamento e execución.
A proposta que defenderá no pleno tamén aborda a situación da zona de estacionamento anexa, utilizada semanalmente para a celebración do mercadillo dos xoves. Segundo expón Rosón, este espazo presenta “un enorme potencial como equipamento de estacionamento e mobilidade para o barrio”.
Por este motivo, a iniciativa solicita habilitar unha nova entrada e saída deste aparcadoiro cara á rúa Manuel María, mellorando a accesibilidade e evitando que os vehículos teñan que acceder exclusivamente pola rúa de Melide.
- El gallego licenciado en la USC por el que apuesta RTVE para presentar ‘Directo al grano’ tras los cambios de Javier Ruiz, Jesús Cintora y Gonzalo Miró
- Muere María Pardo, la exconcejala de Santiago que gestionó tres años el urbanismo de la ciudad y ejerció de portavoz del PP
- La profesora compostelana que encontró su lugar en Australia: 'En Galicia deberíamos vivir más enfocados en nuestra naturaleza
- La Panadería Moure dice adiós a Pontepedriña tras más de 70 años: «Los clientes venían porque les gustaba nuestro pan, pero también por el trato»
- Un vehículo se sale de la vía en una calle de Santiago, se empotra contra un banco y deja varias personas heridas
- Cuatro orquestas y diez conciertos: la gran verbena con Los Satélites que llega esta semana a 30 minutos de Santiago
- La reina de las flores: un recuerdo a María Pardo
- Los compostelanos que resisten a la presión turística: vivir y trabajar en la zona vieja de Santiago