Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

Reapertura tras 35 días

Todo listo en Lavacolla: os avións volven voar no ceo de Compostela

A primeira chegada prevista ao Rosalía de Castro é a procedente de Nova York ás 8.15 horas

¿Ya nos sigues?Márcanos como medio preferente
Añádenos en Google
Manu López

Manu López

Santiago

O Aeroporto de Santiago-Rosalía de Castro retoma este xoves a actividade despois de 35 días de peche polas obras de renovación do pavimento da pista. Na mañá previa a esta reapertura, persoal de Aena, das compañías aéreas e dos servizos asociados ultimaba todos os detalles para que a terminal compostelá recupere a normalidade. Neste contexto, destacaba a presenza dos traballadores de United Airlines, que estiveron nos últimos días poñendo a punto todos os sistemas para a estrea da conexión con Nova York. Será o primeiro avión que aterre no Rosalía nesta nova etapa, coa súa chegada prevista para as 8.15 horas.

Co voo procedente da cidade norteamericana comezará unha xornada na que está programado arredor de medio centenar de operacións. Á estrea desta ruta está previsto que asistan representantes das administracións públicas como a alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, o director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, ou o delegado do Goberno en Galicia, Pedro Blanco. Merelles destacou este mércores a importancia que está a gañar o mercado estadounidense, o principal a nivel internacional, xa que o ano pasado "chegaron case 275.000 turistas procedentes dos Estados Unidos" e houbo máis de 40.000 peregrinos do Camiño de Santiago dese país.

As obras continúan en horario nocturno

O aeroporto permanece pechado desde o pasado 23 de abril por un proxecto de remodelación que incluíu, alén da pavimentación da pista, a adecuación das instalacións eléctricas e do sistema de drenaxe. Tamén se levou a cabo unha renovación do sistema de axudas para operar en condicións de baixa visibilidade, que foi probado a pasada fin de semana.

Os traballos no aeródromo santiagués non remataron aínda que se recupere a operatividade, xa que continuarán en horario nocturno, tal como aconteceu entre xaneiro e abril. As actuacións restantes realizaranse sen afectar o tráfico comercial.

Impacto económico

O peche do aeroporto implicou un importante impacto na economía dos negocios asociados á actividade aérea e na propia cidade. O comercio e a restauración da terminal estimaba unhas perdas superiores a 5,3 millóns de euros, unha cifra que reflicte exclusivamente a actividade desenvolvida dentro do propio recinto aeroportuario e que non contemplaba o efecto inducido na cidade. Do mesmo xeito, sectores como o do aluguer de coches calculaba unha caída do 95 % da súa facturación.

Suscríbete para seguir leyendo

Tracking Pixel Contents