O Campus Sar ábrelle a porta a un verán de piscina, deporte e risas
Ofrecerá excursións, xincanas, baile, xogos, inglés ou sesións de pádel, tenis e baloncesto

A rapazada participante no Campus Sar celebrado o pasado verán. | CEDIDA
El Correo Gallego
O verán no Multiusos Fontes do Sar volverá estar marcado pola piscina, o deporte, os obradoiros e as actividades en equipo. Os centros MultiSan, en Santiago veñen de abrir a inscrición para unha nova edición do Campus Sar, un campamento multidisciplinar que chega este ano á súa décimo cuarta convocatoria coa intención de ofrecer á rapazada unha experiencia lúdica, formativa e variada durante as vacacións.
A actividade está dirixida a nenos e nenas de entre 4 e 16 anos e desenvolverase en quendas semanais ao longo de todo o verán, desde o 22 de xuño ata o inicio do curso escolar en setembro. O horario ordinario será de 8.45 a 14.30 horas, aínda que as familias terán a posibilidade de ampliar a entrada desde as 8.00 horas. Ademais, o Campus Sar contará con servizo de comedor e recollida ata as 16.00 horas, co obxectivo de facilitar tamén a conciliación familiar.
A piscina, as actividades deportivas e os obradoiros serán os eixos principais da programación, pero a oferta irá moito máis alá. A rapazada poderá participar en xincanas, sesións de pádel e tenis, baloncesto, baile, inglés, xogos cooperativos e excursións, entre outras propostas. Cada semana xirará arredor dunha temática diferente, o que permitirá renovar a experiencia para quen participe en varias quendas. A reciclaxe, o mundo da selva, os Xogos Olímpicos, os xogos tradicionais, os transportes ou o Camiño de Santiago serán algúns dos fíos condutores do campamento.

ESPECIAL CAMPAMANTOS DE VERÁN 2026
ESPECIAL CAMPAMANTOS DE VERÁN 2026O prezo semanal do campamento parte dos 47,30 euros. A inscrición xa está aberta para as persoas abonadas aos centros MultiSan, é dicir, o Multiusos Fontes do Sar e Santa Isabel. No caso das persoas non asociadas, o prazo abrirase a partir do 1 de xuño. As prazas son limitadas e cubriranse por rigorosa orde de inscrición. Toda a información está dispoñible na páxina web multiusos.net.
- El bar de Santiago premiado como uno de los mejores de España: 'Cuando lo montamos nos decían que era una locura
- Una empresa gallega estudia crear una aerolínea con sede en Lavacolla
- La panadería de Santiago que triunfa con su café con flores: 'Estamos vendiendo más flores que pan
- Vuelve la fiesta que hace viajar a Santiago 50 años atrás: verbena, juegos tradicionales, música y magia
- El cielo de Santiago se llena de helicópteros militares de las Fuerzas Armadas tras la suspensión del desfile aéreo en Vigo
- Atropello en Rosalía de Castro: dos peregrinas heridas tras perder el control del vehículo un conductor octogenario
- El restaurante más antiguo de Galicia lleva casi dos siglos abierto en Santiago: 'Fuimos ultramarinos, aserradero e incluso hicimos ataúdes
- La heladería artesana que triunfa en el casco histórico abre en Santiago su segundo local con helados sin lactosa