Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

Xulgados

Piden oito anos para as dúas persoas que tentaron incendiar un local de lecer nocturno

Os feitos remóntanse a 2023, cando prenderon lume a un bidón de gasolina no interior do establecemento logo de ameazar de morte aos responsables da seguridade do mesmo que lles impediron a entrada

Xulgados do barrio das Fontiñas, na capital de Galicia

Xulgados do barrio das Fontiñas, na capital de Galicia / Antonio Hernández

¿Ya nos sigues?Márcanos como medio preferente
Añádenos en Google
Santiago

A sede compostelá da Audiencia Provincial da Coruña xulga os próximos mércores e xoves a dúas persoas acusadas de prenderlle lume a un local de lecer nocturno en Santiago por negárenlles a entrada ao mesmo.

Segundo recolle o escrito de acusación, os feitos sucederon na madrugada do 25 de xaneiro de 2023, cando os procesados intentaron entrar no citado local, ao que tiñan vetado o acceso.

Ao impedírselles entrar, os procesados desprazáronse a unha gasolineira próxima, onde adquiriron un bidón de gasolina e entraron por unhas galerías anexas o local, no que había naquel momento arredor de 200 persoas. As chamas afectaron a saída de emerxencia, as paredes das galerías e dous anexos á discoteca. Non se rexistraron feridos.

Fiscalía considera os feitos constitutivos de delicto de ameazas e de incendio e pide pena de prisión de oito anos para cada acusado, e que non poidan acceder ao local en sete anos.

Tracking Pixel Contents