Renovación integral
Culmina a ampliación da cociña do Palacio de Congresos de Santiago: ata 1.500 comidas simultáneas
Goretti Sanmartín visitou este martes as instalacións tras o remate das obras, nas que se investiron preto de 800.000 euros

Sanmartín, acompañada da comitiva que visitou a cociña do Palacio de Congresos de Santiago tras a súa ampliación / Cedida

O Palacio de Congresos de Santiago continúa inmerso na mellora das sáus instalacións. Tras as obras realizadas na cuberta, agora estase actuando no interior, onde vén de culminar a renovación e ampliación da cociña cun investimento de case 800.000 euros. A alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, o xerente do Consorcio -titular do edificio e responsable da obra-, José Antonio Domínguez, o director da área de Operacións de Eurostars -concesionaria do recinto-, José María Barrán, a directora do Palacio de Congresos, Belén Montero, e persoal técnico do Consorcio visitaron o equipamento, no que se poden ofrecer ata 1.500 xantares simultáneos.
No período 2024-2026, o Consorcio investiu 3,9 millóns euros na renovación total da cuberta e da cociña do edificio e ten previsto para este ano outro investimento de máis de 500.000 euros na renovación de todas as carpinterías, o que supón un total de 4,4 millóns euros. A reforma da cociña responde á necesidade de contar cunha axeitada capacidade de ofrecer comidas a un alto volume de persoas en concordancia coa actividade de congresos e eventos que se desenvolve.
Actuacións realizadas
Así, as obras supuxeron reordenar todo o ámbito de cociña, cafetería e comedor, que ocupa, ademais, parte do soto, para acceso de mercancías, conxelados, frescos e bebidas, así como para almacenaxe de todo tipo de produtos de limpeza ou mantemento. Tamén se renovaron os vestiarios e aseos do persoal e a saída de residuos clasificados. Ademais, levouse a cabo a substitución dos equipamentos presentes na cociña toda vez que os existentes quedaron obsoletos, mellorando a eficiencia enerxética da cociña.
Doutra banda, nos últimos meses executouse, a través da empresa pública Tragsa, a substitución da cuberta para corrixir os deterioros que daban lugar a filtracións de auga e pingueiras. Esta obra incluíu a substitución completa do material de cobertura existente e unha actuación sobre o sistema de evacuación de aguas para evitar filtracións de auga e garantir a impermeabilización e estanqueidade do edificio.
Renovación das carpinterías
Este mes de xuño está previsto licitar a renovación de carpinterías do Palacio de Congresos con obxectivo de lograr a estanqueidade, a mellora do ilamento térmico e acústico e da eficiencia enerxética e a mellora da accesibilidade de mercadorías e a evacuación de persoas. Para esta actuación, proponse a substitución de todas as carpinterías tanto de aceiro inoxidable como de aluminio.
As carpinterías interiores adaptaranse tamén aos obxectivos expostos, mentres que se substituirán as portas de emerxencia de madeira das fachadas en planta baixa incorporando mecanismos antipánico. As carpinterías dos grandes ocos das fachadas leste e oeste modificaranse para facilitar a entrada e saída de material de montaxe e desmontaxe de stands.
Clave para o turismo de negocios
Sanmartín destacou que todos os investimentos realizados permiten "mellorar as condicións do edificio para adecuar este espazo e convertelo nun motor clave para o turismo de negocios e o desenvolvemento local". De feito, o Palacio de Congreso conta con 15.000 m2 e capacidade para 2.100 persoas e permite o desenvolvemento nas súas instalacións de actividades de turismo de negocios incluíndo congresos, eventos de índole corporativo, simposios, xornadas, exposicións comerciais, feiras e outros tipos de eventos de carácter profesional, alén de eventos sociais e culturais.
Dende o 1 de outubro de 2024, o Palacio de Congresos e exposicións de Galicia é explotado polo Grupo Hotusa mediante un contrato de concesión de servizos. En cumprimento de dito contrato, a empresa tamén fixo investimentos por valor de 350.000 euros para equipamentos de dixitalización, oficinas, aseos e aparcamento, entre outros.
- El bar de Santiago premiado como uno de los mejores de España: 'Cuando lo montamos nos decían que era una locura
- Una empresa gallega estudia crear una aerolínea con sede en Lavacolla
- Vuelve la fiesta que hace viajar a Santiago 50 años atrás: verbena, juegos tradicionales, música y magia
- La panadería de Santiago que triunfa con su café con flores: 'Estamos vendiendo más flores que pan
- El cielo de Santiago se llena de helicópteros militares de las Fuerzas Armadas tras la suspensión del desfile aéreo en Vigo
- Atropello en Rosalía de Castro: dos peregrinas heridas tras perder el control del vehículo un conductor octogenario
- El restaurante más antiguo de Galicia lleva casi dos siglos abierto en Santiago: 'Fuimos ultramarinos, aserradero e incluso hicimos ataúdes
- La heladería artesana que triunfa en el casco histórico abre en Santiago su segundo local con helados sin lactosa