Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

En Lavacolla

Volve a Feira Sabugueira Saudable: innovación comunitaria no rural de Santiago

Será o sábado 6 de xuño de 11h a 14h e contará con exposicións, xogos, música, artesanía, petiscos e espazos de intercambio para tódolos públicos

Lueiro, no centro, durante a presentación do evento

Lueiro, no centro, durante a presentación do evento / Cedida

¿Ya nos sigues?Márcanos como medio preferente
Añádenos en Google
Santiago

A concelleira de Medio Rural, Pilar Lueiro, presentou onte a II Feira Sabugueira Saudable, que se celebrará o sábado 6 de xuño, de 11:00 a 14:00 horas, na Alameda da Lavacolla. Lueiro animou a participar deste evento que pon o ramo a un ano intenso de experiencias comunitarias e aprendizaxes colectivas, no que a veciñanza e as entidades locais se reúnen para celebrar este percorrido nunha xornada chea de vida e participación de todas as xeracións que inclúe exposicións, xogos, música, artesanía, petiscos e espazos de intercambio para tódolos públicos.

«Esta celebración é o reflexo do traballo desenvolvido no Laboratorio de Innovación Cidadá en Galicia, un proxecto que actuou como catalizador dun cambio significativo na parroquia. No marco da iniciativa ActivandODS , impulsada pola ONGD Farmamundi , reactivouse a Rede Sabugueira Saudable, marcando o inicio dunha colaboración transformadora que converteu a esta parroquia nun modelo de innovación social», explicou a concelleira, quen destacou a inicativa coma «un dos proxectos máis bonitos» de Compostela que «tece rede». Ademais, Lueiro avanzou que este programa implantarase agora en San Xoán de Fecha.

Plan As Marías

O motor desta transformación é o Plan As Marías (Acción en Saúde de Mellora Ambiental, Relacións Interxeracionais e Auto-coidados en Sabugueira). O proxecto logrou mobilizar de forma activa a máis de 237 persoas para dar resposta de forma colectiva a retos clave: o envellecemento activo, a sobrecarga dos coidados, o acceso á saúde e a xestión ambiental sustentable.

Este éxito baséase na Rede Sabugueira Saudable, un tecido vivo creado no ano 2023 que articula o traballo conxunto da veciñanza cunha ampla variedade de actores locais. A rede integra ao tecido asociativo (Asociación de Mulleres Rurais, AFA As Landras, Asociación Lavacolla Activa, Asociación veciñal Ruta Xacobea), ao CEIPP Mestre Rodríguez Xixirei , aos Centros de Saúde de Fontiñas e Concepción Arenal, á Universidade de Santiago de Compostela (USC) , á Rede Galega de Promoción da Saúde (REGAPS) , así como a múltiples negocios de proximidade e ao propio Concello de Santiago.

Tracking Pixel Contents