Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

"Falta de mantemento"

O PP denuncia o "abandono" de San Lázaro e esixe que Raxoi actúe

Villa asegura que o goberno local " continúa dando as costas ás necesidades reais da veciñanza"

Barrio de San Lázaro, en Santiago

Barrio de San Lázaro, en Santiago / Jesús Prieto

¿Ya nos sigues?Márcanos como medio preferente
Añádenos en Google
Santiago

O concelleiro do Partido Popular de Santiago, Adrián Villa, denunciou "a absoluta falta de mantemento, planificación e xestión do goberno de BNG e CA, que continúa dando as costas ás necesidades reais da veciñanza e permitindo o deterioro progresivo de barrios como o de San Lázaro".

"A situación nesta zona da cidade é cada vez máis preocupante, con beirarrúas en mal estado; firmes deteriorados; ausencia de pasos de peóns en cruces moi transitados; falta de mobiliario urbano; eivas evidentes en parques e xardíns e falta de poda e conservación son só algúns dos problemas que os veciños levan meses denunciando", remarcou.

Villa considerou que este barrio "converteuse nun exemplo claro do abandono que sofren moitas zonas de Santiago, pola incapacidade de xestión dun goberno nacionalista máis preocupado pola propaganda que por resolver os problemas diarios da cidadanía".

"Problema serio de seguridade"

"A falta de mantemento das beirarrúas non só supón unha cuestión estética, senón tamén un serio problema de seguridade, posto que hai zonas nas que o pavimento ten desperfectos importantes, levantamentos e fochancas, o que dificulta o paso e incrementan o risco de caídas, sobre todo, para persoas maiores, persoas con mobilidade reducida ou familias con carriños de bebés", explicou.

O edil popular tamén insistiu "na ausencia de pasos de peóns en cruces principais, o que converte algúns puntos do barrio en auténticos espazos de perigo, obrigando ás persoas a cruzar sen garantías de seguridade". Villa engadiu que "tampouco se entende o abandono en materia de parques, xardíns e zonas verdes; a falta de roza; a escasa limpeza e a ausencia de conservación do mobiliario urbano transmiten unha imaxe de abandono impropia da capital de Galicia".

Tracking Pixel Contents