Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

Modelo de xestión

O PSdeG critica a "parálise" de Sanmartín sobre o futuro dos parkings da Praza de Galicia e Praza de Vigo

Marta Abal acusa ao Goberno local de incumprir os compromisos adquiridos coa oposición

Entrada do parking de Praza de Galicia en Santiago

Entrada do parking de Praza de Galicia en Santiago / Jesús Prieto

¿Ya nos sigues?Márcanos como medio preferente
Añádenos en Google
Santiago

A concelleira do Grupo Municipal Socialista Marta Abal denunciou a "parálise absoluta" do Goberno de Goretti Sanmartín na definición do futuro dos aparcadoiros municipais de Praza de Galicia e Praza de Vigo, unha situación que considera "un novo exemplo da falta de planificación e capacidade de xestión do executivo local".

Abal denunciou que "coa concesión do parking de Praza de Galicia finalizada dende hai hai case un ano e a da praza de Vigo que o fará en outubro", os socialistas seguen a esperar pola convocatoria da comisión na que se deben analizar as distintas alternativas de xestión para o futuro destas infraestruturas.

Iniciativa no pleno de abril

A edil socialista lembrou ademais que, "no pleno do pasado mes de abril e en resposta a unha iniciativa do Grupo Municipal Socialista, o concelleiro responsable comprometeuse a facilitar a documentación aos grupos municipais e a convocar a comisión durante a primeira semana de maio", porén, advertiu de que "hoxe, un mes despois da data anunciada, non se produciu ningún avance nin se ofreceu explicación algunha sobre este novo atraso", unha situación que, ao seu xuízo, evidencia "a falta de vontade do Goberno local para abordar este debate con transparencia".

A concelleira advertiu de que "seguimos perdendo tempo nun asunto clave para a cidade" cando aínda se está "falando de dar o primeiro paso que inicie o camiño ata a adopción da decisión final".

A socialista considera que esta falta de avances está a impedir que Santiago poida aproveitar plenamente o potencial destas infraestruturas. Neste sentido, alertou de que "cada día que pasa é unha perda de oportunidades para a cidade", tanto desde o punto de vista da mobilidade como do apoio á actividade económica e comercial.

Tracking Pixel Contents