Municipal
O Concello de Santiago e EspazoCoop renovan a súa aposta polo cooperativismo
O novo convenio inclúe diferentes accións para este ano no marco da economía social

María Rozas e Ana Olveira este martes no Concello de Santiago. / Cedida
Redacción
A edil de Promoción Económica, María Rozas, reafirmou este martes o compromiso do Concello de Santiago coa economía social e o cooperativismo como ferramentas de desenvolvemento local durante a presentación das actividades incluidas no convenio de colaboración con EspazoCoop.
Nunha rolda de prensa na que tamén participou Ana Olveira, presidenta da Unión de Cooperativas, Rozas lembrou que a economía social é un dos eixos vertebradores da Axenda Urbana 2030, e subliñou que «é un modelo que contribúe a lograr os Obxectivos de Desenvolvemento Sostible fixados por Nacións Unidas a través de proxectos empresariais centrados nas persoas, respectuosos co medio ambiente e comprometidos coa igualdade».
Promoción das cooperativas
O acordo inclúe o desenvolvemento de diferentes accións ao longo do ano para promocionar as cooperativas de Santiago e achegar as vantaxes do cooperativismo a aquelas persoas que poidan apostar por este modelo para o seu futuro profesional, que se sumarán ás desenvolvidas durante os cinco anos de colaboración e que «chegaron a máis de 600 persoas», en palabras da concelleira.
Ana Olveira dixo que esta colaboración «demostra que apostar polo cooperativismo dende o ámbito local ten sentido e ofrece bos resultados».
O convenio presentado este martes en Raxoi dálle continuidade a anos de traballo conxunto entre o Concello e EspazoCoop, articúlase en catro liñas de acción complementarias pensadas para chegar a públicos distintos: a veciñanza de Santiago, as persoas que visitan Compostela, o alumnado de Formación Profesional e as propias cooperativas compostelás.
- El bar de Santiago premiado como uno de los mejores de España: 'Cuando lo montamos nos decían que era una locura
- Una empresa gallega estudia crear una aerolínea con sede en Lavacolla
- Vuelve la fiesta que hace viajar a Santiago 50 años atrás: verbena, juegos tradicionales, música y magia
- La panadería de Santiago que triunfa con su café con flores: 'Estamos vendiendo más flores que pan
- El cielo de Santiago se llena de helicópteros militares de las Fuerzas Armadas tras la suspensión del desfile aéreo en Vigo
- Atropello en Rosalía de Castro: dos peregrinas heridas tras perder el control del vehículo un conductor octogenario
- El restaurante más antiguo de Galicia lleva casi dos siglos abierto en Santiago: 'Fuimos ultramarinos, aserradero e incluso hicimos ataúdes
- La heladería artesana que triunfa en el casco histórico abre en Santiago su segundo local con helados sin lactosa