Incorporación nos próximos días
Santiago reforza a presenza policial en zonas conflitivas con 40 novos axentes
Concello e delegación do Goberno responden á demanda veciñal de maior vixilancia
200 efectivos diarios despregaranse no Son do Camiño

Sanmartín e Abalde, en primeiro plano, presidiron a reunión da Xunta Local de Seguridade / Cedida

O Concello de Santiago celebrou onte unha reunión da Xunta Local de Seguridade despois duns días marcados pola crecente demanda veciñal de maior vixilancia, expresada nunha concentración o pasado luns na Praza Roxa. Na xuntanza, encabezada pola alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, e polo subdelegado do Goberno na Coruña, Julio Abalde, acordouse reforzar a presenza policial, con especial atención ás zonas máis conflitivas. Con este obxectivo incorporaranse nos próximos días 40 efectivos á comisaría da Policía Nacional, tanto a través de concursos de traslados como con axentes en prácticas.
A alcaldesa asegurou que «a seguridade cidadá é un tema que nos ocupa e preocupa, no que se está a facer un importantísimo traballo de coordinación entre as diferentes administracións e forzas e corpos de seguridade que queremos seguir intensificando». Sanmartín insistiu en que os datos avaliados na reunión «indican que Santiago é unha cidade relativamente segura, mais entendemos a preocupación veciñal e a súa demanda dunha maior intensificación da vixilancia nalgunhas zonas».
Por este motivo, apuntou, «como Concello solicitamos un reforzo de efectivos, co obxectivo de garantir a sensación de seguridade e lograr actuacións máis efectivas, sabendo que hai problemáticas que precisan actuacións máis transversais e de longo percorrido». A alcaldesa quixo lanzar unha mensaxe de tranquilidade á veciñanza porque «estase actuando, seguirase actuando e haberá un incremento de efectivos», comprometendo tamén a presenza de máis axentes de Policía Local.
Atención a zonas conflitivas
Pola súa parte, Abalde insistiu en que «Santiago ten índices obxectivos de criminalidade que nos permiten estar relativamente tranquilos, pero somos sensibles tamén ás sensacións subxectivas da veciñanza». A chegada de novos axentes de policía «vainos permitir aumentar a presenza en determinadas zonas e equilibrar a situación». O subdelegado aludiu ao Ensanche ou Santa Marta como lugares nos que poñer o foco, pero matizou que «non soamente son eses puntos» os conflitivos, senón que «hai outros que tamén son sensibles e ao mellor non saen tanto nos medios».
Tanto Abalde como Sanmartín fixeron ademais un chamamento á colaboración cidadá. «En ocasións estanse producindo determinadas actuacións que ou non se denuncian ou non se comunican, e polo tanto a Policía Local e a Policía Nacional non teñen ferramentas para poder actuar», declarou o subdelegado.
200 efectivos diarios
Na xuntanza analizáronse tamén as medidas de seguridade previstas para a celebración do festival O Son do Camiño os días 18, 19 e 20 de xuño. O dispositivo previsto contará cun reforzo de efectivos e medios especializados, coa participación de 200 efectivos policiais en cada xornada do festival.
A Policía Nacional mobilizará unidades como a Unidade de Intervención Policial (UIP), a Unidade de Prevención e Reacción (UPR), TEDAX, Información, Policía Xudicial e a Brigada Móbil, que prestará servizo na Estación Intermodal. Ademais, despregaranse medios aéreos, incluídos drons e sistemas antidrón, así como a Unidade de Guías Caninos.
Pola súa banda, o concelleiro de Mobilidade, Xan Duro, confirmou que os dispositivos nesta materia serán similares aos de anos anteriores, con algunhas melloras no que tén que ver co acceso ás persoas residentes na contorna do Monte do Gozo. Tamén se manterán os reforzos de transporte público.
Suscríbete para seguir leyendo
- El cielo de Santiago se llena de helicópteros militares de las Fuerzas Armadas tras la suspensión del desfile aéreo en Vigo
- El bar de Santiago premiado como uno de los mejores de España: 'Cuando lo montamos nos decían que era una locura
- Una empresa gallega estudia crear una aerolínea con sede en Lavacolla
- Vuelve la fiesta que hace viajar a Santiago 50 años atrás: verbena, juegos tradicionales, música y magia
- El bar con uno de los bocadillos más famosos de Santiago: 'Llegué a vender 1.400 en 4 horas
- Atropello en Rosalía de Castro: dos peregrinas heridas tras perder el control del vehículo un conductor octogenario
- La heladería artesana que triunfa en el casco histórico abre en Santiago su segundo local con helados sin lactosa
- El cobre, cuarzo y wolframio que pueden cambiar la economía del área de Santiago: 'Es una zona desconocida pero muy rica en minerales