Investimento nas parroquias
Os socialistas de Santiago acusan a Sanmartín de «vender fume» co Pacto polo Rural
Alertan do atraso na execución dos compromisos vinculados ao protocolo do CHUS

Os socialistas de Santiago Abal e Guinarte en rolda de prensa no Concello. / Cedida
Redacción
O Grupo Municipal Socialista de Santiago acusa ao Goberno de Goretti Sanmartín de «vender fume» co cumprimento do Pacto polo Rural e de ofrecer unha imaxe distorsionada do grao real de execución dos investimentos comprometidos para as parroquias compostelás.
Marta Abal advertiu de que os datos facilitados no último Consello Municipal do Medio Rural non avalan as afirmacións da alcaldesa sobre a existencia de máis de 8 millóns de euros en proxectos executados ou en marcha. Segundo indicou, unha análise detallada amosa que unha parte moi importante desa contía corresponde a actuacións que aínda non iniciaron a súa tramitación.
Falta de transparencia
“O que vemos é que o Goberno municipal nin cumpre con rigor o Pacto polo Rural nin informa con rigorosidade do seu cumprimento”, afirmou Abal, que tamén puxo o foco na falta de transparencia do executivo local. A edil lembrou que a día de hoxe segue sen estar formulada a liquidación do orzamento de 2025, malia que debía estar dispoñible antes do 31 de marzo deste ano, unha situación que dificulta comprobar con exactitude o nivel real de execución dos investimentos anunciados.
A socialista referiuse tamén ao protocolo asinado entre o Concello e a Xunta no marco da ampliación do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago (CHUS). Segundo lembrou, ese acordo incluía unha achega de tres millóns de euros para actuacións de abastecemento e saneamento nas parroquias da Sabugueira, A Peregrina e San Xoán de Fecha.
Servizos básicos
«A día de hoxe non hai ningunha obra executada nin licitada e nin sequera están rematados os proxectos», lamentou, incidindo en que se trata dunha das actuacións máis importantes comprometidas para mellorar servizos básicos no rural compostelán.
Abal concluíu advertindo de que os principais problemas das parroquias continúan sen resolverse malia os anuncios realizados polo Goberno municipal. «Tres anos despois do inicio do mandato, as parroquias compostelás seguen esperando polas actuacións que se lles prometeron. Menos propaganda e máis execución real é o que precisa o rural de Santiago», rematou.
- Reabre en Santiago una de las cafeterías más queridas del casco histórico: 'Volvemos con la misma ilusión y ganas
- La propuesta que vuelve a poner en el foco la visita del Papa a Santiago: León XIV deja en el aire su presencia en 2027
- El outlet Área Central de Santiago alarga este viernes su hora de cierre para convertirse en una 'Jungla' con descuentos del 50%
- Raxoi paraliza una obra ilegal frente al parque de Bonaval: 'Habéis roto un trozo de historia
- Buscan figurantes en Santiago para la nueva película de Vaca Films: estos son los requisitos
- Crónica social compostelana | Reunión de cuatro generaciones de la familia Rúa
- De las aulas de Santiago a la graduación en Michigan: la historia de éxito de Carlota Garabato en Estados Unidos
- La expropiación de terrenos para construir 3.609 viviendas en el Ensanche Norte de Santiago llegará a un máximo de 12 euros el metro cuadrado