Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

Emprendemento

María Rozas reivindica "unha tecnoloxía ao servizo das persoas" na Maker Faire Galicia

Área Central reúne este sábado máis de 150 inventores na primeira das tres xornadas previstas para a XII edición desta feira

María Rozas durante a inauguración da Xornada do Emprendemento e Innovación Social da Maker Faire Galicia, que se celebra este sábado en Área Central.

María Rozas durante a inauguración da Xornada do Emprendemento e Innovación Social da Maker Faire Galicia, que se celebra este sábado en Área Central. / Concello de Santiago

¿Ya nos sigues?Márcanos como medio preferente
Añádenos en Google

L.R.

Santiago

A concelleira de Dereitos e Servizos Sociais, Promoción Económica e Xuventude, María Rozas, apostou este sábado por poñer “o coñecemento tecnolóxico ao servizo das persoas, pensando en solucionar os problemas reais da xente, e innovando desde o compromiso e a consciencia social”. Foi no marco da inauguración da Xornada do Emprendemento e Innovación Social da Maker Faire Galicia, que se celebra ao longo de todo o día en Área Central.

Rozas puxo en valor “o compromiso e a consciencia social da Maker Faire Galicia, fiel á filosofía do movemento maker que reivindica o coñecemento compartido, a democratización da tecnoloxía e o aprender facendo”. Tamén ratificou o apoio do Concello de Santiago a este evento “que mostra o Santiago do que nos sentimos orgullosas, pón en evidencia o potencial da nosa cidade, e amosa unha Compostela moderna, heteroxénea, innovadora e inclusiva”.

Participantes nunha das actividades dirixidas ao público infantil.

Participantes nunha das actividades dirixidas ao público infantil. / Cedida

Máis de 150 postos, obradoiros para todos os públicos e ponencias

A do Emprendemento e a Innovación Social é a primeira das tres xornadas da Maker Faire Galicia, que chega á súa XII edición consolidada como evento de referencia do ámbito da innovación, non só en Galicia senón no conxunto do Estado. No evento de hoxe participan máis de 150 makers, chegados de diferentes países do mundo. A programación complétase con obradoiros para todos os públicos, moitos deles pensados para achegar o coñecemento tecnolóxico ao público infantil; e ponencias que este ano poñen o foco no uso da tecnoloxía para mellorar a inclusión e a vida de colectivos como o das persoas con discapacidade.

Varias persoas interesándose por as pezas expostas nun dos stands en Área Central.

Varias persoas interesándose por as pezas expostas nun dos stands en Área Central. / Cedida

Tras a xornada de hoxe, a Maker Faire Galicia celebrará outras dúas xornadas na Casa das Máquinas: o 9 de outubro, centrada na Industria; e o 20 de novembro, coa xornada dos Oficios.

A Maker Faire Galicia conta co apoio do Concello de Santiago e da Xunta de Galicia e organízase e opera de forma independente baixo a licenza de Make Community LLC, mantendo o seu compromiso de fomentar a creatividade, a innovación e o talento na comunidade maker.

Tracking Pixel Contents