Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

Obras

Raxoi demanda da concesionaria que retome «xa» as obras en García Lorca

As obras en García Lorca prevense que rematen en 2027

As obras en García Lorca prevense que rematen en 2027 / Antonio Hernández

¿Ya nos sigues?Márcanos como medio preferente
Añádenos en Google
Ana Triñáns

Ana Triñáns

Santiago

A alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, falou en rolda de prensa do parón nos traballos da rúa García Lorca, no barrio da Guadalupe. Segundo os prazos municipais para a «rexeneración desta rúa», debería volverse a traballar o pasado 25 de maio. «A partir dese momento as obras poderían comezar», dixo Sanmartín, algo que non aconteceu, como puido comprobar a dirección facultativa municipal, que o 1 de xuño visitou a zona e constatou que non se retomaron os traballos.

A rexedora insistiu en que os traballos deberan comezar xa, pese a que non se entregou até o de agora máis que o «borrador» do plan de continuidade da obra. Si presentou a concesionaria o plan de seguranza e mais o de residuos, pero Sanmartín asegurou que os traballos poderían retormarse antes de presentar o «documento co plan de obra definitivo».

A obra tivo un incremento de custo de 110.000 euros pola parálise a causa dunha tubaxe de fibrocemento non documentada. Con todo, Sanmartín insta a empresa a retomar «xa» a obra, pide desculpas á veciñanza, asegura que se mantén con ela un contacto estreito e afirma que, de retomárense xa os traballos, «a obra podería entregarse en forma e prazo en abril de 2027».

Dende o Partido Socialista tamén puxeron o foco na demora desta obra, a edil Marta Abal denunciou a situación de abandono que sofre a rúa e acusou ao goberno de manter o barrio «atrapado entre a improvisación e a parálise administrativa, sen ofrecer explicacións nin solucións». Abal lembrou que pasou máis dun mes dende a modificación do proxecto necesaria para continuar os traballos.

Tracking Pixel Contents