O Concello de Santiago contrata nove traballadores con apoio da Deputación para obras e servizos municipais
Peóns, albaneis e tractoristas reforzarán as actuacións de mellora no Banquete de Conxo e no Berce de Sar, así como a limpeza de pintadas e a Brigada de Vías e Obras

Seis persoas incorporaranse aos programa de mellora das zonas verdes do Banquete de Conxo. / ECG
L.R.
O Concello de Santiago, a través do departamento de Emprego, ven de contratar nove traballadores ao abeiro do programa de axudas da Deputación da Coruña á contratación de persoal para a execución de obras e servizos municipais. Trátase de tres peóns e tres albaneis que se incorporarán aos programas de mellora das zonas verdes do Banquete de Conxo e o Berce de Sar e ao servizogratuíto de limpeza de pintadas en elementos de carpintería; e de tres tractoristas que reforzarán a Brigada de Vías e Obras.
O Concello de Santiago destina un orzamento de algo máis de 110.000 euros á contratación destes nove traballadores, dos que 75.000 corresponden á subvención da Deputación da Coruña e os 35.000 euros restantes son achega propia municipal.
Dende Raxoi recordan que o Bosque do Banquete de Conxo e o Berce de Sar son dous espazos que foran xa recuperados para a veciñanza a través de cadanseu obradoiro de emprego, e agora seguiranse executando pequenos traballos de mellora co persoal contratado a través das subvencións do PEL da Deputación da Coruña
Ademais, o departamento de Emprego reforza o servizo gratuíto de eliminación e limpeza de pintadas en elementos de carpintería, co obxectivo de facilitarlles aos propietarios e propietarias dos inmobles a súa obriga de mantelos en condicións adecuadas. As persoas interesadas en solicitar o servizo, poden facelo a través da sede electrónica. Para formular calquera dúbida ou consulta, poden remitir un correo electrónico ao enderezo limpezapintadas@santiagodecompostela.gal.
- Las nuevas rutas del aeropuerto de Santiago: todos los destinos a los que ya puedes volar sin escalas
- El pub de Santiago donde empezaron Tosar y Zahera gana un Solete Repsol: 'De aquí ha salido gente que ha llegado muy lejos
- O Gozo Festival vence al temporal de lluvia y granizo
- La respuesta de un barrio de Santiago al calor: 'Baixa a túa cadeira, algo de merendar e quedamos á fresca
- La tormenta descarga en Santiago granizo de más de un centímetro de grosor
- La cafetería de Santiago recomendada por Tamar Novas y 'Lonely Planet': un rincón bohemio con 83 años de historia
- La primera panadería ecológica de Santiago que empezó con un carro y un caballo: 'Nuestro pan es para gente que quiere cuidarse
- Llegan las fiestas más internacionales de Compostela: 10 días, en lugar de 15, en aras de la 'calidad