Xornadas sobre ‘Arte e expolio’: o regreso a Santiago das estatuas do Mestre Mateo, un "fito global"
A alcaldesa reivindica a reflexión e o espírito crítico fronte ao involucionismo

Mercedes Rozas, Arturo Colorado, María Xosé Fernández, Goretti Sanmartín, Miguel Martorell e Míriam Louzao. / Antonio Hernández
K.M.
O regreso das dúas estatuas do Mestre Mateo a Santiago, momento que a alcaldesa compostelá, Goretti Sanmartín, definiu este sábado como un dos momentos máis emotivos na loita pola restitución dos bens patrimoniais, foi «un fito absolutamente global, que trascendeu Compostela, por ser a primeira vez en que se conseguen recuperar bens espoliados pola familia Franco».
Así o asegurou na inauguración das xornadas Arte e espolio. En torno ás estatuas do Mestre Mateo, organizadas polo Concello en colaboración co Museo do Pobo Galego, centradas nos bens incautados en conflitos bélicos e durante o réxime franquista, e onde tamén participaron a edil de Memoria Histórica, Míriam Louzao; a presidenta en funcións do Museo do Pobo Galego, María Xosé Fernández Cerviño; a historiadora da arte Mercedes Rozas e os relatores Miguel Martorell e Arturo Colorado.
Perda de dereitos e liberdades
Durante a súa intervención, a rexedora municipal incidiu en que «non se trata só de bens artísticos incautados, senón de discursos involucionistas para ocultar a verdade de como aconteceron os feitos e de discursos que implican a perda de dereitos e liberdades», e realtou a necesidade de xornadas como esta para «combatelos con reflexión, con espírito crítico e con datos que maten ese relato absolutamente interesado».
Ademais do regreso das estatuas do Mestre Mateo á capital galega, destacou como un fito a loita pola restitución do Pazo de Meirás, e vinculou esa loita ao momento en que se creou a Xunta pro-devolución do Pazo de Meirás, na que a propia alcaldesa participou naquela ocasión como vicepresidenta da Deputación da Coruña.
Compostela, a favor da memoria
Aproveitou a súa intervención nas xornadas para manifestar o seu «compromiso coa sociedade compostelá, unha sociedade que sempre estivo a favor da memoria, da restitución e das liberdades».
Afirmou que este compromiso implica seguir colaborando con asociacións, entidades e espazos onde se realicen iniciativas de Memoria Histórica e para «que non haxa nin un paso atrás en todo o que ten que ver coa restitución, coa verdade e coa xustiza, que son absolutamente imprescindibles para o avance da sociedade moderna».
A primeira das tres sesións programadas nestas xornadas no Museo do Pobo Galego centrouse na incautación de bens artísticos durante o nazismo e o franquismo, con palestras a cargo de Miguel Martorell e Arturo Colorado, presentados pola historiadora da Arte, Mercedes Rozas e pola concelleira Míriam Louzao.
As xornadas continuarán o 11 e 17 de xuño, en horario de tarde.
- Una conductora se precipita con su coche desde el periférico al polígono de Costa Vella mientras escapa de la Guardia Civil en Santiago
- Pregón de las Fiestas del Apóstol: la concelleira descarta a Borja Iglesias
- Piden cuatro años de prisión para un policía urbanístico de Santiago por falsificar el informe de una obra en Fontiñas
- Muere Alfonso Tourís Nogueira, el enfermero y sindicalista que dirigió más de dos años el PSOE de Santiago
- El restaurante de Santiago para comer caldo, raxo y tarta por menos de 20 euros: un icono de 95 años que nació de una historia de amor
- Llegan las fiestas más internacionales de Compostela: 10 días, en lugar de 15, en aras de la 'calidad
- Muere el escultor compostelano Julio Ferreiro, autor de numerosos mosaicos con azulejos en los barrios de Santiago
- Fiestas del Apóstol 2026 en Santiago: programa completo, conciertos, fuegos y actividades día a día