Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

Municipais 2027

Borja Verea presenta unha nova iniciativa para Compostela: A Casa das Familias

O líder do PP local reivindica “un Santiago que acompañe” a pais e fillos na adolescencia

O voceiro do PP local, Borja Verea

O voceiro do PP local, Borja Verea / Cedida

¿Ya nos sigues?Márcanos como medio preferente
Añádenos en Google
Ana Triñáns

Ana Triñáns

Santiago

Actividades extraescolares organizadas polo Concello, unha parada exprés na zona azul próxima a centros escolares, servizo de canguraxe para imprevistos e tres semanas de inmersión lingüística en Irlanda. Son as iniciativas do Partido Popular de Santiago orientada a conseguir “unha Compostela que acompañe mellor” e á que agora se suma A Casa das Familias.

A nova iniciativa presentouna en rolda de prensa o voceiro do PP local e candidato á alcaldía, Borja Verea, que se referiu á necesidade de acompañar as familias “en momentos difíciles, como pode ser a etapa adolescente, de xeito que este novo equipamento municipal se dedicará a axudar e orientar sobre como afrontar determinadas situacións. 

Verea reivindicou que será “o primeiro centro de toda Galicia destas características e ofrecera acompañamento emocional, mediación familiar e tamén obradoiros, charlas sobre o uso responsable das tecnoloxías ou a posibilidade de compartir experiencias entre pais e nais.

Este novo equipamento que compromete poñer en marcha se en maio de 2027 accede á Alcaldía de Santiago, vai estar situado nun lugar “céntrico e accesible” e vai ofrecer atención gratuíta, confidencial e persoalizada

O PP de Santiago orzamenta A Casa das familias nuns 200.000 euros e contempla unha dotación inicial de persoal multidisciplinar “de catro ou cinco profesionais” que cubran as actividades e asesoramentos que contempla a iniciativa.

Con todo, máis alá de que se trate dun proxecto contido no programa electoral de 2027, o popular Borja Verea afirmou que “coma todas as propostas, está a disposición do actual goberno se a quere poñer marcha”.

«Única alternativa de futuro»

O candidato do PP de Santiago, Borja Verea, respondeu a preguntas da prensa en relación ás demais candidaturas ás eleccións municipais de 2027 con motivo da enquisa lanzada polo PSdeG para sondear a popularidade de cinco socialistas entre a cidadanía. A sondaxe do PSOE recolle a posible candidatura do delegado do Goberno Pedro Blanco, o exministro José Miñones, a deputada Patricia Iglesias, o secretario xeral dos socialistas composteláns, Aitor Bouza, e a vicesecretaria Marta Álvarez-Santullano.

Sobre todos eles, e tamén sobre «a candidata do BNG» (Goretti Sanmartín) e a «persoa que designe Compostela Aberta» son para Borja Verea «grandes adversarios». Mais uns grandes adversarios que teñen algo en común, que continuarán o goberno «tripartito». Verea asegura que de non acadar el a maioría, as outras forzas «se repartirán a alcaldía», porque son «grandes adversarios que non van cambiar absolutamente nada». O líder do PP local defende que a súa formación é «a única alternativa de futuro».

As cifras da inseguridade

Mentres o goberno local, por boca da propia alcaldesa Sanmartín, defende que a criminalidade en Santiago descende e que a cidade «é segura», sen obviar que hai unha «percepción de inseguridade» entre a cidadanía (que se mobilizou a comezos de mes na Praza Roxa), o voceiro do PP reafirmouse en resposta á prensa en que «é unha realidade que Santiago é máis insegura hoxe que hai uns anos, dino os datos, dío a estatística».

Borja Verea defendeu que de estar el na alcaldía de Compostela promovería unha «maior presenza policial e máis efectivos», así coma «unha mellor iluminación e poñer en funcionamento máis cámaras de videovixilancia». Ademais, o líder popular puxo o foco en que o primeiro «é recoñecer que existe un problema».

Un problema que máis que de cifras é de «percepción» para o equipo de goberno e, con todo, a rexedora asegurou tamén que se está en coordinación coa comisaría e mais a delegación do Goberno para incrementar o número de efectivos policiais na cidade.

Tracking Pixel Contents