Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

O IES Antón Fraguas de Santiago triunfa no certame de pódcast ‘O vello dos contos’

O centro compostelán foi o gañador ‘ex aequo’ co CEIP da Torre-Cela de Bueu

A gala de entrega de premios celebrouse este luns no IES Rosalía de Castro.

A gala de entrega de premios celebrouse este luns no IES Rosalía de Castro. / Cedida

¿Ya nos sigues?Márcanos como medio preferente
Añádenos en Google

R. S.

Santiago

Tralo récord de participación acadado nesta edición, con máis de 80 pódcasts de case 60 centros educativos de toda Galicia, na xornada de onte déronse a coñecer os dous traballos gañadores ex aequo do Gran Premio do Xurado do Certame de Pódcast Xosé Mosquera ‘O vello dos contos’, nunha gala de entrega de premios á que asistiron membros das entidades organizadoras e colaboradoras e os autores e autoras dos 15 traballos finalistas da VIII edición dos premios Xosé Mosquera ‘O vello dos contos’, que xa se poden escoitar na súa canle web.

Os traballos gañadores foron Onda lectura: viaxe entre páxinas, do CEIP da Torre-Cela de Bueu; e Con pedra e maza a lingua fala!, do IES Antonio Fraguas de Santiago.

O salón de actos do IES Plurilingüe Rosalía de Castro de Santiago acolleu este luns a gala de entrega de premios onde os mellores podcasteiros e podcasteiras de Galicia desfrutaron dunha viaxe no tempo aos inicios da radio en Galicia, nun evento cheo de sorpresas, con música en directo, creación sonora e unha sentida homenaxe á súa filla, Loliña Mosquera, e a quen foi a primeira estrela mediática de Galicia, a través dos micros da emisora decana da radio no noso país, conforme se recolle nesta pequena biografía na que podedes acceder a unha galería fotográfica do seu arquivo.

Este certame de pódcast pioneiro en Galicia, organizado por Arraianos Producións, en colaboración co IES Rosalía de Castro, entre outras institucións, consolídase deste xeito coma un gran foro de creación sonora.

Tracking Pixel Contents