Municipais 2027
O PSOE local busca candidato á Alcaldía a través dunha enquisa
A sondaxe testea na rúa as posibilidades de Pedro Blanco, José Miñones, Patricia Iglesias, Aitor Bouza ou Marta Álvarez-Santullano

O PSOE local busca candidato á Alcaldía a través dunha enquisa / ECG
O PSOE de Santiago xa ten na rúa a anunciada enquisa para testear as opcións de acceso á Alcaldía de cinco posibles candidatos, unha sodexa que da que se coñecerá o resultado nos vindeiros días, pese a que o candidato oficial derivará da celebración o 27 de xuño do Comité Federal do partido.
O delegado do Goberno, Pedro Blanco, e o ex ministro e hoxe responsable de Mercasa, José Miñones, son dous dos nomes que baralla o PSOE compostelán, xunto á deputada no Parlamento de Galicia, Patricia Iglesias. Esta última, pronunciábase este luns ante as preguntas dos medios, asegurando que non é «de anticiparse aos acontecementos» e poñendo en valor a preparación doutros compañeiros de Partido Socialista.
Xunto a Blanco, Miñones e Iglesias, a enquisa tamén contén dous cargos orgánicos da dirección do partido en Compostela, trátase do secretario xeral do mesmo e tamén deputado no Parlamento galego, Aitor Bouza, e a súa segunda no PSOE de Santiago, a vicesecretaria Marta Álvarez-Santalluno, que tamén uns días atrás se poñía a disposición do partido como unha das posibles candidatas a concorrer á Alcaldía de Santiago nas eleccións de 2027.
Ascensor no CSC da Trisca
Pese a non estaren entre os cinco posibles candidatos desta enquisa, o traballo dos concelleiros socialistas en Raxoi, Sindo Guinarte e Marta Abal, continúa, e o voceiro do PSdeG no Concello denunciaba onte «a falta de solucións do Goberno de Goretti Sanmartín ante os problemas de accesibilidade que continúa padecendo o Centro sociocultural –CSC–da Trisca». Guinarte reclamou ao executivo «a reparación inmediata dun ascensor que leva anos sen funcionar».
O edil socialista recalcou que «os problemas de accesibilidade do centro sociocultural continúan sen resolverse, malia tratarse dun equipamento público de referencia para o barrio e para o conxunto da cidade de Santiago». Neste sentido, Guinarte criticou que o goberno local siga sen ofrecer unha solución a «unha situación que se prolonga desde hai demasiado tempo». Unha demora que o levou a remarcar que « ascensor do centro leva anos sen funcionar», unha circunstancia que, segundo explicou o concelleiro, «dificulta o acceso ás actividades que se desenvolven nos andares superiores» do edificio.
O voceiro do grupo municipal socialista e n Raxoi puxo o foco na afectación especial que padecen «as persooas con mobilidade reducida, pero tamén ás familias con crianzas de curta idade que utilizan habitualmente estas instalacións municipais». Ademais,Sindo Guinarte sinalou que esta problemática foi trasladada «en numerosas ocasións por veciñas e veciños da Trisca», que seguen reclamando unha actuación que permita «garantir que todas as persoas poidan facer uso deste espazo en igualdade de condicións».
- Una conductora se precipita con su coche desde el periférico al polígono de Costa Vella mientras escapa de la Guardia Civil en Santiago
- Pregón de las Fiestas del Apóstol: la concelleira descarta a Borja Iglesias
- Piden cuatro años de prisión para un policía urbanístico de Santiago por falsificar el informe de una obra en Fontiñas
- Muere Alfonso Tourís Nogueira, el enfermero y sindicalista que dirigió más de dos años el PSOE de Santiago
- El restaurante de Santiago para comer caldo, raxo y tarta por menos de 20 euros: un icono de 95 años que nació de una historia de amor
- Llegan las fiestas más internacionales de Compostela: 10 días, en lugar de 15, en aras de la 'calidad
- Muere el escultor compostelano Julio Ferreiro, autor de numerosos mosaicos con azulejos en los barrios de Santiago
- Fiestas del Apóstol 2026 en Santiago: programa completo, conciertos, fuegos y actividades día a día