Melloras nos barrios
Pavimentación en Bar de Arriba e de Abaixo por 258.902 euros
A xunta de goberno local aprobou este luns actuar na rede de saneamento e abstecemento na Rúa Nova da Igrexa en Laraño

Plano das actuacións que se van realizar en Bar de Arriba, Bar de Abaixo e Rúa dos Asidros / cedida

Cosmalca é a empresa que resultou adxudicataria para levar a cabo a pavimentación dos lugares de Bar de Arriba e de Abaixo e mais da Rúa dos Asidros, unha obra orzamentada en 258.902 euros e cuxo contrato aprobou este luns a xunta de goberno local. Trátase, segundo explicou en rolda de prensa a voceira do goberno, Míriam Louzao, dunhas actuacións suxeitas ao POS (Plan Único de Concellos da Deputación da Coruña) de 2023.
Ademais destes traballos, que se producirán en cinco viais dos citados lugares e que teñen un prazo de execución de tres meses, a xunta de goberno tamén aprobou licitar as obras de ampliación das redes de abastecemento e saneamento na Rúa Nova da Igrexa, na parroquia de Laraño. Trátase de actuacións tamén subvencionadas pola Deputación (POS+ 2025) que teñen un orzamento base de licitación de 65.549 euros (IVE incluído).
Outro dos contratos sobre os que debateu a xunta de goberno local, neste caso a súa prórroga, foi o do servizo de conservación, reparación e reforma de edificios e instalacións dependentes do Concello. Un contrato subscrito con Espina y Delfín que se prolonga dende o 1 de agosto de 2026 até o 31 de xullo de 2028.
Unha prórroga que conta dunha dotación orzamentaria de 1.420.173 euros e que afecta aos colexios de educación infantil e primaria, ás instalacións deportivas e aos edificios que albergan os Centros socioculturais. Nesta última liña tamén se prorrogou o alugueiro do local da Corredoira das Fraguas destinado a uso sociocultural en San Pedro.
Axudas e subvencións
A xunta de goberno deste luns aprobou a convocatoria de subvencións para a promoción de actividades «a prol da igualdade» entre mulleres, homes e membros do colectivo LGTBIQ+ e de prevención e loita contra as violencias machistas. Trátase, segundo explicou a concelleira Louzao, dunha convocatoria destinada ao asociacionismo que está dotada cun total de 30.000 euros.
«A contía máxima á que pode acceder cada entidade é de 2.800 euros e serán subvencionables as actividades realizadas entre o 1 de xaneiro e o 30 de setembro de 2026». O prazo de presentación de solicitudes é de 15 días naturais.
Deportes
A xunta de goberno extraordinaria celebrada o pasado xoves adxudicou os tres lotes para a organización e loxística, transporte e atención sanitaria dos XVI Xogos do Eixo Atlántico, que se van desenvolver na cidade na primeira quincena de xullo e para o que se agarda a participación de 2.400 deportistas.
Trátase dun contrato adxudicado por 143.855 euros a Sportmadness Eventos, no relativo á organización e á loxística; 39.061 euros para os servizos de transporte –Autocares Rías Baixas–; e 48.110 euros –Ambulancias de Ortigueira–.
En relación co mundo deportivo, aprobáronse as bases para a cesión de usos das instalacións municipais para adestramentos e actividades físicas durante a tempada 2026-27. A concelleira Míriam Louzao explicou que as preferencias para acceder ás instalacións deportivas municipais serán: en primeiro lugar, para as actividades dos centros educativos; en segundo, para as actividades de deporte federado; e, en terceiro lugar para encontros deportivos non oficiais.
- El gallego licenciado en la USC por el que apuesta RTVE para presentar ‘Directo al grano’ tras los cambios de Javier Ruiz, Jesús Cintora y Gonzalo Miró
- Muere María Pardo, la exconcejala de Santiago que gestionó tres años el urbanismo de la ciudad y ejerció de portavoz del PP
- La profesora compostelana que encontró su lugar en Australia: 'En Galicia deberíamos vivir más enfocados en nuestra naturaleza
- La Panadería Moure dice adiós a Pontepedriña tras más de 70 años: «Los clientes venían porque les gustaba nuestro pan, pero también por el trato»
- Un vehículo se sale de la vía en una calle de Santiago, se empotra contra un banco y deja varias personas heridas
- Cuatro orquestas y diez conciertos: la gran verbena con Los Satélites que llega esta semana a 30 minutos de Santiago
- La reina de las flores: un recuerdo a María Pardo
- Los compostelanos que resisten a la presión turística: vivir y trabajar en la zona vieja de Santiago