Persoal municipal
O PSdeG carga contra a "improvisación" de Sanmartín: critica o "colapso" no pago de facturas
Marta Abal denuncia que o Goberno local aprobase a modificación da Relación de Postos de Traballo cun informe desfavorable da Intervención

A concelleira socialista Marta Abal / Cedida
A concelleira do Grupo Municipal Socialista Marta Abal denunciou a "improvisación" do Goberno de Goretti Sanmartín na xestión das facturas do Concello ao aprobar unha modificación da Relación de Postos de Traballo (RPT) que elimina prazas da unidade creada para tramitalas "sen ofrecer unha alternativa, nun momento no que se acumulan máis de 15 millóns de euros pendentes de pago e o período medio de pago a provedores segue disparado".
A edil lembrou que foi o propio executivo de Goretti Sanmartín quen decidiu a principios de mandato centralizar a tramitación das facturas na Coordinación Xeral, unha medida que o grupo socialista xa cuestionou desde o primeiro momento. "Xa daquela dixemos que non compartiamos esa decisión", recordou, porque "as facturas debe tramitalas a unidade que executa o gasto", que é "quen coñece o contrato, o servizo prestado e o expediente".
Facturas pendentes
Agora, advertiu, o Concello chega a esta situación con "máis de 15 millóns de euros en facturas pendentes, co período medio de pago disparado" e coa "obriga de acudir ao fondo estatal para pagar provedores en 2026", un contexto no que considera que o Goberno municipal "volve improvisar".
Neste sentido, Abal criticou que o executivo "amortiza sete postos desa unidade que eles mesmos crearan para tramitar facturas", pero "non explica que alternativa vai poñer no seu lugar" e simplemente afirma que "o estudará máis adiante, cando funcione a nova aplicación de contabilidade".
Para a concelleira socialista, esta "falta de planificación" provoca que, "mentres tanto, as facturas seguen acumulándose e os provedores seguen sen cobrar en prazo", sen que o Goberno municipal "sexa capaz de ofrecer unha solución clara para resolver o problema".
- El pub de Santiago donde empezaron Tosar y Zahera gana un Solete Repsol: 'De aquí ha salido gente que ha llegado muy lejos
- O Gozo Festival vence al temporal de lluvia y granizo
- La respuesta de un barrio de Santiago al calor: 'Baixa a túa cadeira, algo de merendar e quedamos á fresca
- Una conductora se precipita con su coche desde el periférico al polígono de Costa Vella mientras escapa de la Guardia Civil en Santiago
- La tormenta descarga en Santiago granizo de más de un centímetro de grosor
- La cafetería de Santiago recomendada por Tamar Novas y 'Lonely Planet': un rincón bohemio con 83 años de historia
- La primera panadería ecológica de Santiago que empezó con un carro y un caballo: 'Nuestro pan es para gente que quiere cuidarse
- Muere Alfonso Tourís Nogueira, el enfermero y sindicalista que dirigió más de dos años el PSOE de Santiago