Dispón 3 millóns
De edificios baleiros a vivenda pública: plan de Raxoi para adquirir inmobles en desuso na cidade histórica
A alcaldesa e o concelleiro de Urbanismo presentan unha iniciativa para incrementar o parque de vivenda en réxime de alugueiro e a prezos accesibles

O barrio de San Pedro, igual que os de Sar ou San Lourenzo, está integrado na cidade histórica, extra murallas / Jesús Prieto

"Aproveitar mellor o que xa está construído" e superar a "ineficencia dos edificios baleiros dentro do parque residencial", son dous dos obxectivos mencionados polo concelleiro de Urbanismo, Iago Lestegás, na presentación este mércores dunha nova iniciativa do goberno local para a adquisición pública de "edificios en desuso na cidade histórica, rehabilitalos e dedicalos a vivenda accesible en réxime de alugueiro", puntualizou a alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín.
Para esta compra de inmobles dende o Concello de Santiago vanse dispoñer 3 millóns de euros, dos 5,1 recadados coa cesión de tres parcelas municipais, tamén para a construción dun total de 134 vivendas "de protección con cualificación permanente", agregou Lestegás. Unha acción derivada do plan de medidas correctoras agregado á declaración de zona de mercado residencial tensionado e contribuír así dende a Administración local a conter o prezo da vivenda.
Para sacar adiante esta iniciativa o goberno local conta, pero non aínda formalmente, coa colaboración do Consorcio de Santiago, pois para resolver o problema da vivenda e frear o despoboamento da cidade vella "é importante abrir vías de colaboración interadministrativa", asegurou a rexedora, polo que na vindeira xuntanza "se lle formulará ao Consorcio o establecemento de mecanismos de colaboración para que se encargue da rehabilitación dos inmobles que se adquiran".
A alcaldesa, que fixo mención a que xa se traballa desta maneira en consorcios doutras cidades patrimonio coma Toledo, defendeu a política de vivenda "na que levamos traballando de maneira intensa nestes tres anos, co obxectivo claro de preservar o uso residencial prioritario, a través da rehabilitación e da promoción dun parque de vivenda pública de alugueiro". Así e todo, a nova iniciativa tamén contempla a existencia neses inmobles rehabilitados de locais comerciais ou de uso sociocultural.
Sen prazos, pero con pregos moi avanzados
O edil de Urbanismo asegurou que tratan de axilizar o máximo posible a licitación desta oferta pública de adquisición, mais non quixo dar ningún prazo nin afirmar se es convocatoria será posible neste ano.
Neses pregos nos que están a acabar de traballar os equipos técnicos do Concello fixaranse as condicións que deben cumprir aqueles propietarios de inmobles baleiros e en desuso que queiran facer unha oferta de compra a Raxoi, entre elas que deben ser edificios catalogados, "como o son a maioría dos da cidade histórica", asegurou Lestegás, que tamén puntualizou que a área excede «a améndoa, abrangue moito mái que o antigo recinto intramuros, é un ámbito de máis de 175 hectáreas que inclúe tamén os barrios históricos de San Pedro, San Roque, Basquiños, Sar, San Lourenzo ou Pelamios».
Ademais de catalogados polo seu valor arquitectónico e en desuso, os edificios para concorrer á oferta de adquisición pública do Concello terán que «estar necesitados de obras de rehabilitación e libres de cargas e gravames, entre outros requisitos que establecerá o prego que estamos rematando e determinará tamén a documentación que se terá que presentar, os criterios de valoración e demais pormenores», explicou o edil.
O concelleiro de Urbanismo defendeu a estratexia rehabilitadora do goberno local lembrando a activación do Rexistro de Soares, e saída a poxa pública dun dos inmobles do mesmo e tamén a rehabilitación de 5 inmobles de titularidade municipal na Caramoniña. A isto último, cuxo proxecto está agora en redacción, entre outras accións en materia de vivenda, vanse destinar os 2,1 millóns de euros restantes resultado do alleamento das tres parcelas municipais.
A adquisición dos edificios realizarase, consonte á lei, mediante licitación pública e respectará os principios de publicidade, concorrencia e igualdade.
Colaboración interinstitucional
Durante a súa intervención na rolda de prensa a alcaldesa Goretti Sanmartín puxo o foco na «importancia das vías de colaboración interinstitucional, que multiplican a capacidade de actuación en problemáticas como a da vivenda, mais que tamén son rendibles» .
A rexedora louvou «a complicidade doutras administracións comprometidas cos mesmo fins» e, lembrou que «o Consorcio ten xa programas de rebabilitación, como o xa clásico ‘Ter é manter’, que ten entre os seus obxectivos fixar poboación na cidade histórica e o Estado xa impulsou programas deste tipo noutros lugares».
- Una conductora se precipita con su coche desde el periférico al polígono de Costa Vella mientras escapa de la Guardia Civil en Santiago
- Pregón de las Fiestas del Apóstol: la concelleira descarta a Borja Iglesias
- Piden cuatro años de prisión para un policía urbanístico de Santiago por falsificar el informe de una obra en Fontiñas
- Muere Alfonso Tourís Nogueira, el enfermero y sindicalista que dirigió más de dos años el PSOE de Santiago
- El restaurante de Santiago para comer caldo, raxo y tarta por menos de 20 euros: un icono de 95 años que nació de una historia de amor
- Llegan las fiestas más internacionales de Compostela: 10 días, en lugar de 15, en aras de la 'calidad
- Muere el escultor compostelano Julio Ferreiro, autor de numerosos mosaicos con azulejos en los barrios de Santiago
- Fiestas del Apóstol 2026 en Santiago: programa completo, conciertos, fuegos y actividades día a día