Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

Presentación

A bici, ou como as mulleres do século XIX ocuparon o espazo público

Tres xornalistas volven traballar a seis mans logo da edición anotada de ‘Emma’, de Jane Austen, e publican en Sushi Books 'Señoras en bicicleta’

Ana Bulnes, Raquel C. Pico e María Ramos, coautoras de ‘Señoras en bicicleta’

Ana Bulnes, Raquel C. Pico e María Ramos, coautoras de ‘Señoras en bicicleta’ / cedida

¿Ya nos sigues?Márcanos como medio preferente
Añádenos en Google
Ana Triñáns

Ana Triñáns

Santiago

Ana Bulnes, Raquel C. Pico e María Ramos coñécense dende hai anos porque estudaron xuntas e comparten o gusto por estudar a historia menos visible das mulleres e particularmente a entrada na modernidade durante o século XIX. «Sempre acabamos entrando en bucle con curiosidades e pareceunos moi interesante ler sobre mulleres rompedoras do XIX, que montaban en bici», explica a EL CORREO GALLEGO Raquel C. Pico.

Dese bucle, dun traballo conxunto das tres xornalistas e da man de Sushi Books chega á Libraría Lila de Lilith, as 19 desta tarde,

{"anchor-link":"true"}

: unha historia que comeza no século XIX, cando a muller empezou a montar en bici e a pesar de que as sufraxistas estadounidenses apostaban por «ir a votar pedaleando», o feito de que adquirisen esa forma de transporte e comezasen a ocupar libremente o espazo público, non estivo exento de polémica.

«Había quen non vía ben que as mulleres montasen en bicicleta, mesmo había médicos que alertaban dun síndrome horrible chamado ‘cara de bicicleta’», conta Raquel C. Pico da súa investigación. Esa cara de bicicleta implicaba que as mulleres non se verían guapas, «pero tamén había quen a defendía por ser boa para a saúde».

Señoras en bicicleta aborda non só a conexión desta liberdade que daba a bici, tamén de como este feito conecta cos movementos feministas, como empezou a ser usada en Galicia e como chegaron a competir en ciclismo as mulleres, «dende o primeiro momento até traer a historia ao presente».

«A bici, cambiou a moda»

O feito de que as mulleres comezasen a utilizar a bicicleta non só lles pemitiu, naquela altura, a súa emancipación, liberdade de movementos, ter maior presenza no espazo público, tamén mudou a moda. «Se pensas na vestimenta feminina da época, pois non axudaba precisamente a montar en bicicleta: corses, varias capas de saias para facer volumes... pero tamén era vestidos moi, moi longos, que chegaban ata os pés».

Máis alá de iren arrastrando as saias, e do complicado que isto se facía xa se pensabas montar en bici, lembra Raquel C. Pico que «naquel entón tampouco se vía correcto que ensinaras as pernas, e non estou falando de levar unha minisaia, simplemente os nocellos». E ese foi un dos problemas que enfrontaron estas mulleres pioneiras, que roupa poñer para montar en bici.

Entón, como había que vestir na época e como había que facelo para poder montar en bicicleta «foi un gran prexuízo pero tamén unha grande oportunidade para facer innovación na moda». Apareceron novas costureiras con sistemas innovadores que permitían converter a saia en pantalón e o pantalón en saia, «a bici cambiou a forma na que se vestían as mulleres».

Tracking Pixel Contents