Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

Borja Verea e Charo Barca presentan o I Torneo Solidario Jesús Pampín de fútbol 8

É unha iniciativa en beneficio da Fundación Andrea

A cita celebrarase o 27 de xuño

Borja Verea e Charo Barca, este mércores, durante a presentación do torneo.

Borja Verea e Charo Barca, este mércores, durante a presentación do torneo. / Cedida

¿Ya nos sigues?Márcanos como medio preferente
Añádenos en Google
Santiago

O líder do PP en Santiago, Borja Verea, e a presidenta da Fundación Andrea, Charo Barca, presentaron este mércores o I Torneo Solidario Jesús Pampín de fútbol 8, unha iniciativa que se celebrará o vindeiro 27 de xuño nas instalacións deportivas de Santa Isabel e que «nace coa vocación de unir á sociedade compostelá arredor dunha causa solidaria e de demostrar que a colaboración entre a veciñanza e os representantes públicos pode dar lugar a grandes proxectos», indicaron dende o grupo municipal popular.

Durante a presentación, Verea puxo en valor o papel do deporte como unha ferramenta de educación, integración e transmisión de valores como o esforzo, o compañeirismo e a superación, pero tamén como unha vía para axudar aos demais. Neste sentido, destacou que o obxectivo é que esta primeira edición se converta nun «punto de encontro para a solidariedade e a participación da cidade». O torneo levará o nome de Jesús Pampín, unha persoa moi vinculada tanto ao deporte como á vida pública compostelá, a quen se pretende render homenaxe e agradecer a súa contribución ao longo dos anos. «O seu nome quedará unido a un evento que representa os valores polos que sempre apostou: solidariedade, participación, xenerosidade e deporte», sinalou Verea.

Solidariedade

Con todo, o líder do PP en Santiago quixo destacar que o verdadeiro protagonista da iniciativa é a Fundación Andrea, entidade á que se destinarán integramente os fondos recadados durante a xornada.

Verea explicou que a intención é que o torneo sexa unha gran festa do deporte, pero sobre todo unha gran mostra de solidariedade, un espazo para competir, convivir, lembrar ás persoas xenerosas e axudar a quen máis o necesita.

Pola súa banda, a presidenta da Fundación Andrea, Charo Barca, agradeceu a posta en marcha desta iniciativa e amosou a satisfacción da entidade por poder formar parte dun proxecto que une deporte, saúde e infancia, tres ámbitos que cualificou de prioritarios.

Como participar

Os donativos para participar serán de cinco euros por participante e destinaranse integramente á Fundación Andrea. Para anotarse deberán escribir ao número de Whatsapp 614 87 14 54, mentres que e os donativos e a fila cero irán ao código de Bizum 00908. O prazo de inscrición remata o mércores 24 de xuño.

Tracking Pixel Contents