Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

Literatura infantil

Unha historia de monstros, fútbol e amizade da man dun mestre de La Salle: 'El superchute de Enzo'

O escritor compostelán J. Santoro Gallego presenta na Libraría Follas Novas a primeira peza da colección 'Monstruoso F.C.' dirixida á cativada de entre 6 e 8 anos

J. Santoro Gallego e 'El superchute de Enzo' estarán este xoves en Follas Novas

J. Santoro Gallego e 'El superchute de Enzo' estarán este xoves en Follas Novas / cedida

¿Ya nos sigues?Márcanos como medio preferente
Añádenos en Google
Ana Triñáns

Ana Triñáns

Santiago de Compostela

Logo de participar na Feria del Libro de Madrid, J. Santoro Gallego (Compostela, 1983) trae a Santiago a súa segunda obra de literatura infantil: El superchute de Enzo, unha historia de fútbol e amizade protagonizada por monstros e dirixida a rapazas e rapaces de entre os 6 e os 8 anos. O encontro co público infantil e familiar é ás 17 horas deste xoves na Libraría Follas Novas.

El superchute de Enzo constitúe o primeiro libro da nova colección de Carambuco Ediciones, 'Monstruoso F.C.', e vén ilustrada por Lucía Barrios. Trátase dunha historia que se desenvolve no Castillo Aullido, unha escola cuxas alumnos xamais escoitaran falar de fútbol. Trátase dun ogro que come o balón, dunha vampira que regatea ao vóo e Enzo, un neno lobo cun superchute incrible.

Estes tres monstruíños descobren o chamado 'deporte rei' da man de Mr. Frank, o profesor de Educación Monstruofísica. J. Santoro Gallego tamén e mestre de Educación Primaria no colexio La Salle, polo que "a experiencia no ámbito educativo ocupa un lugar central na súa literatura", explican dende a editora. Case dúas décadas de experiencia neste ámbito permítenlle coñecer "de primeira man os intereses, inquedanzas, códigos e formas de entender o mundo" dende a óptica dos cativos.

O autor e a colección

Con El Superchute de Enzo, J. Santoro Gallego dá un novo paso na súa traxectoria dentro da literatura infantil, logo de publicar Agencia mágica de Vetectives, o seu debut como escritor, do que tamén fixo presentación o pasado mes de abril en Follas Novas (Montero Ríos, 37). Con este no libro que agora trae "o escritor amplía o seu universo creativo e mantén a apuesta pola aventura e a fantasía como ferramentas para conectar co público infantil e fomentar o hábito lector".

El Superchute de Enzo, que xa está dispoñible nas librerías e tamén en liña, inaugura o universo de Monstruoso F.C., unha colección que manterá como protagonistas os alumnos de Castillo Aullido e da que formará parte, proximamente, Zombinho, el delantero de ultratumba, que verá a luz no mes de setembro.

Tracking Pixel Contents