Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

O Concello de Santiago impulsa unha iniciativa para visibilizar o rural

O proxecto 'Compostela Iconográfica' distribuirá manteis ilustrados na hostalaría e trípticos nos centros de ensino

A iniciativa foi presentada este xoves no Pazo de Raxoi

A iniciativa foi presentada este xoves no Pazo de Raxoi / Cedida

¿Ya nos sigues?Márcanos como medio preferente
Añádenos en Google
Santiago

Raxoi presentou onte o proxecto Compostela Iconográfica, que ten como obxectivo visibilizar o rural coa distribución de 65.000 manteliños con ilustracións dos atractivos destas zonas de Santiago en bares e restaurantes e 4.500 trípticos e 250 carteis con mapas nos centros de ensino. As concelleiras de Turismo, Míriam Louzao, e Medio Rural, Pilar Lueiro, e Diniz Cabreira e Anxo Viqueira, representante de Sacauntos Cooperativa Gráfica presentaron a iniciativa, que se enmarca na estratexia de pór en valor os múltiples atractivos e recursos turísticos cos que conta o concello.

No tocante á comunidade educativa, Louzao indicou que a convidan "a explorar o noso patrimonio saíndo de excursión en familia e usando o mapa. Que visiten eses lugares e que vaian riscando na casiña baleira de cada un deles, levando un rexistro ata completalo e ter coñecido Compostela enteira".

Un rural moi vivo

Pola súa banda, Pilar Lueiro destacou que Compostela ten "un rural vivo, con tecido social" e apuntou a importancia de conectar o rural e o urbano. "Queremos que o alumnado de todo o concello, e das parroquias, coñeza os petróglifos de San Xoán de Fecha, os canzorros da Igrexa de San Xulián no Carballal, o dragón da igrexa de Santa María de Marrozos, a Ponte Mantible en San Caetano, a capela de San Roque na Sabugueira, ou o Dolmen de Zaramacedo en Bando", sinalou.

Os manteis ilustrados céntranse nos atractivos do rural, amosando dun xeito visual que paga a pena descubrir a outra Compostela, que ademais conta con sendas naturais e treitos dos distintos Camiños de Santiago, aos que se engadirá en breve outro atractivo de primeira orde: a Vía Verde.

Tracking Pixel Contents