Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

Raigame reclama a clausura do Stilo e o TNT

Sanmartín, sobre a demanda veciñal contra os pubs conflitivos do Ensanche: "Se cumpren a normativa, non podemos pechalos"

A Asociación Raigame reclama a clausura de locais como o Stilo e o TNT

A alcaldesa lembra que moitos dos altercados prodúcense no exterior e confía en que os reforzos policiais teñan efecto

Intervención policial no pub Stilo o pasado mes de marzo

Intervención policial no pub Stilo o pasado mes de marzo / ECG

¿Ya nos sigues?Márcanos como medio preferente
Añádenos en Google
Manu López

Manu López

Santiago

A alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, referiuse este venres á posibilidade de peche dalgúns locais conflitivos do Ensanche, unha demanda trasladada a Raxoi pola asociación veciñal Raigame, que pon o foco especialmente no Stilo e no TNT polos altercados que se orixinan neles. Sanmartín afirmou que por parte do Concello "non hai máis posibilidade de actuación que a que estamos facendo" e sinalou que non poden decidir un peche de maneira "arbitraria".

"Sempre que non cumpran, por suposto que se tramitarán os expedientes oportunos, pero tamén ao revés, se cumpren e se teñen toda a normativa e todos os requisitos necesarios para estaren abertos, isto non é unha cuestión potestativa na que nós poidamos decidir que agora pechamos aquí e abrimos alí", declarou. Sanmartín engadiu que estes establecementos xa foron "obxecto de inspeccións", nas que se "detectaron cuestións mínimas, que foron solventadas de maneira inmediata".

Altercados no exterior dos locais

A rexedora subliñou que "permanecemos atentas" a que cumpran a normativa, lembrando que moitos dos altercados que crean inseguridade entre a veciñanza prodúcense fóra destes locais. Neste ámbito, o Concello "tomou medidas, sobre todo na petición de colaboración con quen ten competencias nesta materia, que é a Delegación do Goberno, que é o Estado, que é o corpo de Policía Nacional, con contactos diarios para colaborar e coordinar", destacou.

Reforzos policiais

Nesta liña, a alcaldesa confía no efecto que poida producir o reforzo de 40 axentes máis anunciado a semana pasada nunha comparecencia conxunta co subdelegado do Goberno, Julio Abalde. "Creo que servirán para minguar esa sensación que pode haber de inseguranza", apuntou, expresando tamén a disposición do goberno local para tratar estes asuntos "con quen o solicite".

Tracking Pixel Contents