Decide o teu futuro
Ciberseguridade e IA, entre a oferta do IES San Clemente
O centro compostelán combina ciclos superiores de informática, cursos de especialización e formación a distancia para persoas adultas

Alumnado de informática. | E. P.
Redacción
A especialización converteuse nun dos grandes valores engadidos da Formación Profesional vinculada ás novas tecnoloxías. Así o defende o director do IES San Clemente, Víctor Lourido, que destaca a importancia dos cursos de especialización para un alumnado que cada vez se incorpora a un mercado laboral máis esixente e cunha demanda crecente de perfís tecnolóxicos altamente cualificados.

Decide o teu futuro 2026
Decide o teu futuro 2026«O alumnado que remata un ciclo e continúa cun curso de especialización conta cun punto moi importante ao seu favor», explica Lourido: «Moitas empresas xa están buscando profesionais con formación especializada».
O centro compostelán está especializado na familia profesional de Informática e Comunicacións, unha área que concentra toda a súa oferta presencial de Formación Profesional. Para o próximo curso impartirá os ciclos superiores de Administración de Sistemas Informáticos en Rede (ASIR), con grupos de mañá e tarde; Desenvolvemento de Aplicacións Multiplataforma (DAM); e o ciclo plurilingüe de Desenvolvemento de Aplicacións Web (DAW). A esta oferta súmase o máster de Ciberseguridade en contornos das tecnoloxías da información, un dos estudos que espertan maior interese entre o alumnado.
Precisamente a ciberseguridade figura entre os ámbitos con máis demanda. Segundo explica o director, tanto a modalidade presencial como a distancia rexistran un elevado interese. O mesmo sucede cos estudos relacionados coa intelixencia artificial, un sector en plena expansión que este ano gaña protagonismo na oferta do centro.
«Este ano o Ministerio creou a familia profesional de Intelixencia Artificial e Data e nós comezamos a ofertar un dos seus cursos de especialización», destaca Lourido.
Entre os cursos de especialización a distancia figuran tamén os de Intelixencia Artificial e Big Data, Desenvolvemento de videoxogos e realidade virtual, Desenvolvemento de aplicacións en linguaxe Python, ademais de dúas incorporacións para o próximo curso: Despregamento de produtos de software en contedores e Aprendizaxe automática: xestión de datos e adestramento.
Xunto á Formación Profesional, o San Clemente mantén unha importante aposta pola educación a distancia para persoas adultas. O centro oferta tanto a Educación Secundaria para Persoas Adultas (ESPA) como o Bacharelato para persoas adultas, unha vía que permite continuar a formación a quen non dispón da titulación necesaria para acceder a determinados estudos. «O alumnado que non pode entrar nun ciclo porque lle falta a titulación ten a posibilidade de completar a ESO ou o Bacharelato a distancia e continuar despois o seu itinerario formativo», conclúe Lourido. n
- Una conductora se precipita con su coche desde el periférico al polígono de Costa Vella mientras escapa de la Guardia Civil en Santiago
- Pregón de las Fiestas del Apóstol: la concelleira descarta a Borja Iglesias
- Piden cuatro años de prisión para un policía urbanístico de Santiago por falsificar el informe de una obra en Fontiñas
- Muere Alfonso Tourís Nogueira, el enfermero y sindicalista que dirigió más de dos años el PSOE de Santiago
- El restaurante de Santiago para comer caldo, raxo y tarta por menos de 20 euros: un icono de 95 años que nació de una historia de amor
- Llegan las fiestas más internacionales de Compostela: 10 días, en lugar de 15, en aras de la 'calidad
- Muere el escultor compostelano Julio Ferreiro, autor de numerosos mosaicos con azulejos en los barrios de Santiago
- Fiestas del Apóstol 2026 en Santiago: programa completo, conciertos, fuegos y actividades día a día