Turismo
Sanmartín reivindica o aeroporto de Lavacolla: «É o preferido polas compañías aéreas»
A alcaldesa de Santiago remarca que «xa se sabía» que os datos de comezo do ano non serían positivos

Un avión aterrizando en Lavacolla / Antonio Hernández

A alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, respondeu onte aos datos difundidos por Exceltur, que indican que a capital galega sufriu unha caída en rendibilidade turística entre xaneiro e abril deste ano. A rexedora remarcou que «xa se sabía» que a primeira parte do 2026 non sería positiva neste aspecto por dúas razóns: o peche do aeroporto durante 35 días por obras e a retirada de Ryanair.
Pola contra, tras a reapertura da terminal compostelá, Sanmartín afirmou que «xa se colocou a infraestrutura aeroportuaria en moita mellor situación». Desta maneira, reivindicou que «este é o aeroporto preferido polas compañías aéreas».
Reproches á Xunta
«Santiago é a porta de entrada de visitantes a Galicia, así que nós o que imos facer é continuar traballando en solitario», engadiu a alcaldesa, en alusión ao papel da Xunta, a quen acusou de que «non se sabe cal vai ser a súa proposta de promoción, non se sabe como se concreta, non hai política de coordinación aeroportuaria con visión de país».
Sanmartín puxo en valor o traballo realizado desde Turismo de Santiago, destacando que o aeroporto conta con 34 rutas, 17 delas internacionais, e enlace directo con tres continentes. «Seguimos traballando para que haxa máis visitas, máis rutas, mellores conexións», proclamou. Así, considerou que «non ten ningún sentido camiñar por un discurso que desvalorice o que está facendo Compostela».
Datos de maio
Estas declaracións de Sanmartín producíronse na mesma xornada na que Aena difundiu as estadísticas aeroportuarias de maio. No caso do Rosalía de Castro, son anecdóticas ao estar operativo únicamente durante tres días, e recollen que se rexistraron 31.594 pasaxeiros, 347 voos e 18 toneladas de mercancías.
- El gallego licenciado en la USC por el que apuesta RTVE para presentar ‘Directo al grano’ tras los cambios de Javier Ruiz, Jesús Cintora y Gonzalo Miró
- Muere María Pardo, la exconcejala de Santiago que gestionó tres años el urbanismo de la ciudad y ejerció de portavoz del PP
- La profesora compostelana que encontró su lugar en Australia: 'En Galicia deberíamos vivir más enfocados en nuestra naturaleza
- La Panadería Moure dice adiós a Pontepedriña tras más de 70 años: «Los clientes venían porque les gustaba nuestro pan, pero también por el trato»
- Un vehículo se sale de la vía en una calle de Santiago, se empotra contra un banco y deja varias personas heridas
- Cuatro orquestas y diez conciertos: la gran verbena con Los Satélites que llega esta semana a 30 minutos de Santiago
- La reina de las flores: un recuerdo a María Pardo
- Los compostelanos que resisten a la presión turística: vivir y trabajar en la zona vieja de Santiago